Diferenzas entre revisións de «Guernsey»

arranxo
(arranxo)
Ademais da illa de Guernsey, a '''Bailía de Guernsey''' (en [[lingua francesa|francés]] ''Bailliage de Guernesey'', en inglés ''Bailiwick of Guernsey'') inclúe as illas veciñas de [[Alderney]] (poboación 2.400) e de [[Sark]] (poboación 610), e algunhas outras illas moi pequenas. A lexislatura elixida do territorio chámase ''Os Estados de Deliberación''. O [[xefe de goberno]] é un administrador elixido chamado o '''Bailiff''', e o [[xefe de estado]] é o '''[[Tenente Gobernador]]''', que é designado pola [[Isabel II do Reino Unido|'''raíña''']].
 
Como a da veciña illa de [[Illa de XerseiJersey|XerseiJersey]], a economía de Guernsey baséase nos servizos financeiros como paraiso fiscal, o turismo e a agricultura. Un servizo de transbordador conecta as illas con Gran Bretaña e Francia.
 
== Historia de Guernsey ==
Foi cara ao ano [[-6000|6000 a.C.]] cando o ascenso mundial do nivel do mar transformou os ata entón promontorios do continente europeo nas actuais Illas da Canle. Neste tempo, agricultores Neolíticos poboaron as costas e construíron os [[dolmen]]s e [[menhir]]es. A illa de Guernsey contén tres menhires esculpidos de gran interese arqueolóxico; o dolmen coñecido como L'Autel du Dehus tamén contén unha deidad de dolmen.
 
Durante a súa migración a Bretaña empuxados polo asentamento en Gran Bretaña dos saxons, os Británicos ocuparon as Illas Lenur (o antigo nome das Illas Anglonormandas) incluíndo Lisia (Guernesey) e Angia (XerseiJersey). Anteriormente pensábase que o nome orixinal da Illa era Sarnia, pero a investigación recente mostra que era o nome latino para a illa de Sark. Vindo do reino de Gwent, Santo Sansón (o abade de Dólar, en Bretaña) é acreditado coa introdución de cristianismo a Guernesey.
 
En [[933]] as illas pasaron a depender directamente do Ducado de Normandía ao anexionarse este a o Ducado de Bretaña. A illa de Guernesey e outras Illas Anglonormandas representan os últimos remanentes do Ducado medieval de Normandía. Nas illas, o soberano de Inglaterra ostenta o título de duque de Normandía.