Diferenzas entre revisións de «Hüsker Dü»

m
 
== Historia ==
Formado en St. Paul, Minnesotta por [[Bob Mould]] ([[guitarra]] e voz), [[Greg Norton]] ([[baixo]]) e [[Grant Hart]] (batería e voz), Hüsker Dü (nome sacado dun xogo de mesa dinamarqués, que significa en [[lingua danesa|danés]] "lémbrase vostede?") comezou tocando hardcore inspirado e influenciado pola escena californiana. Coas composicións e voces a cargo de [[Bob Mould]] e Grant Hart, o inicio da carreira da banda foi marcado por un son agresivo e rápido, que lembraba a bandas como [[Black Flag]] e [[Dead Kennedys]]. Co tempo, o son da banda foi facéndose máis elaborado, a clave dese cambio foi o álbum duplo ''[[Zen Arcade]]'' de [[1984]], e a partir de aí, Hüsker Dü converteuse en punto de referencia para o chamado rock alternativo durante os anos 80 e 90.
 
=== A formación e o inicio hardcore ===
En [[1979]] o guitarrista/vocalista [[Bob Mould]] era estudante de primeiro ano no Macalester College en St. Paul, Minnesotta e frecuentaba Cheapo Records, unha tenda de discos onde traballaba Grant Hart. Greg Norton e Hart coñecéranse solicitando o mesmo posto na tenda. Hart e Mould uníronse por un amor compartido polos [[Ramones]], e pouco despois recrutaron a Norton e ao teclista Charlie Pine para formar unha banda, Buddy and the Returnables. Comezaron a realizar concertos tocando principalmente versións de temas de rock clásico e dos Ramones. Aos demais membros do grupo non lles gustaba o son dos teclados de Pine e comezaron a ensaiar se el, compoñendo algunhas cancións orixinais.<ref>{{cita libro |apelidos=Azerrad |nome=Michael |título=Our Band Could Be Your Life |ano=2001 |editor=Little Brown and Company |isbn=0-316-78753-1 |páxinas=161 |editor=Little Brown and Company}}</ref><ref>{{cita libro |apelidos=Mould, Bob & Azerrad, Michael |título=See a Little Light: The Trail of Rage and Melody |ano=2011 |editor=Little Brown and Company |isbn=0-316-04508-X |páxinas=30 |editor=Little Brown and Company}}</ref>
En [[1979]] o guitarrista/vocalista [[Bob Mould]] estudaba no Macalester College en St. Paul, Minnesotta e traballaba nunha tenda de discos, onde coñeceu ao batería/vocalista Grant Hart e ao baixista Greg Norton. Os tres músicos tiñan gustos musicais distintos, pero todos tiñan afinidade co hardcore e o punk rock.
 
A principios dos anos 80, Hüsker Dü conquistou un público local. Tanto Mould como Heart compoñían as cancións e cantaban. En [[1981]], lanzaron o seu primeiro sinxelo, ''Statues'', coa discográfica local Reflex, seguido polo lanzamento do álbum ''Land Speed Record'', que contiña 17 cancións en só 26 minutos, lanzado pola New Alliance Records. Ao final daquel ano, lanzaron un EP igualmente rápido e pesado, ''In a Free Land''.
62.947

edicións