Radiación de Cerenkov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Arranxos varios
use original file
Liña 1:
[[Ficheiro:TrigaReactorCore.jpeg|miniatura|Radiación de Cerenkov no núcleo dun reactor [[TRIGA]].]]
[[Ficheiro:Cherenkov WavefrontCherenkov2.svg|miniatura|Fronte de ondas da radiación de Cerenkov.]]
A '''radiación de Cerenkov''' (tamén escrito '''Cherenkov''', aínda que se debería transliterar '''Čerenkov''') é unha radiación de tipo electromagnético producida polo paso de partículas por un medio a velocidades superiores ás da luz no devandito medio. A [[velocidade da luz]] depende do medio (e da frecuencia) e acada o seu valor máximo no baleiro. O valor da velocidade da luz no baleiro non pode superarse pero si nun medio no que esta é forzosamente inferior ([[índice de refracción]] n>1). A radiación recibe o seu nome do físico [[Pavel Alekseyevich Cerenkov]] quen foi o primeiro en caracterizala e explicar a súa produción. Cerenkov recibiu o [[Premio Nobel de Física]] en [[1958]] polos seus descubrimentos relacionados con esta reacción.