Des Moines, Iowa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 23:
Des Moines foi fundada en maio de 1843 cando o capitán [[James Allen]] construíu un forte onde os ríos [[Río Des Moines|Des Moines]] e [[Río Racoon|Racoon]] converxen. Allen quixo chamarlle Forte Racoon, pero o Departamento Americano para a Guerra obrigoulle a chamarlle Forte Des Moines. O nome orixinal de ''Des Moines'' non está claro. Podería facer referencia ao '' río de Moingonas'', chamado así pola tribo india que vivía nesa zona. Outros cren que é polos monxes [[trapenses]], algúns dos cales vivían en covas próximas ao río. Outros, con todo, conectan ''Des Moines'' con ''De Moyen'', en francés no medio, dada a súa localización entre o [[Río Mississippi]] e o [[Río Missouri|Misouri]].
 
Os colonos instaláronse cerca do forte e, o 25 de Maiomaio de 1846, o forte Des Moines converteuse no asento de Polk County. O 22 de Setembrosetembro de 1851 foi incorporado como cidade, e a súa carta magna foi aprobada o 18 de Outubro. En 1857, o nome "Forte Des Moines" foi acurtado a "Des Moines" e converteuse na capital de [[Iowa]], abandonando a Iowa City como antiga capital. Cara a 1900, Des Moines era a cidade máis poboada con 62.139 habitantes.
En 1907, a cidade adoptou un Goberno de Comisión de cidade coñecido como o plan Des Moines, nomeando un alcalde electo e 4 comisionados que eran responsables de traballos públicos, propiedade pública, seguridade pública e finanzas. Esta forma de goberno foi abolida en 1950 a favor dun goberno de xerente de consello.