José Luis Meilán Gil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 6:
 
=== O Partido Galego Independente ===
Despois de ocupar relevantes cargos na administración durante o [[Franquismo|réxime de Franco]] en agosto de [[1976]] funda o [[Partido Gallego Independiente]] onde participan profesores da Universidade de Santiago de Compostela como [[Pablo González Mariñas]] ou [[Perfecto Yebra]] ou empresarios como [[Claudio Sanmartín]].{{Sfn|{{Versaleta|Beramendi}}|2007|p=92}} Propugna unha transición democrática fronte ao rupturismo impulsado polo [[nacionalismo]] de esquerdas e acadar unha plena autonomía política para Galicia. Competía polo espazo que na provincia da Coruña quería ocupar o partido [[Reforma Democrática]] de Fraga, tamén partidario dunha reforma política cara a consecución dunha [[democracia]] de corte occidental e de limitadas autonomías rexionais, e que estaba captando personaxes influentes como [[María Victoria Fernández-España]], da familia propietaria de ''La Voz de Galicia''.
 
Nas primeiras eleccións, tras a aprobación da [[Lei para a Reforma Política]], integrou o seu partido na coalición UCD, auspiciada dende o poder por [[Adolfo Suárez]], ao igual que o fixeron outras forzas de centro galeguistas como os centristas de [[EuloxioEulogio Gómez Franqueira]]. Isto contribuíu ao rotundo éxito desa forza nas eleccións do 15 de xuño de 1977: UCD acadaba 20 dos 27 deputados que Galicia tiña no [[Congreso dos Deputados de España|Congreso]].
 
=== A consecución da autonomía ===