José Luis Meilán Gil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Estudou [[Dereito]] nas Universidades de [[Universidade de Santiago de Compostela|Santiago de Compostela]], [[Universidade de Zaragoza|Zaragoza]] e [[Universidade de Oviedo|Oviedo]] (1951-1956). Acadou a licenciatura en Dereito na Universidade de Oviedo e fixo o doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela. Completou os estudos na [[London School of Economics]] e na [[Universidade de Bonn]].<ref name=":0" /> Foi profesor de Administración Económica na Escuela Nacional de Administración Pública de [[Alcalá de Henares]] en 1956 e despois na [[Universidade de Madrid]]. Foi catedrático de Dereito Administrativo na Universidade de Santiago de Compostela dende [[1968]]. Foi director adxunto do Instituto de Estudos Administrativos de Alcalá de Henares, conselleiro nacional de Educación e membro da xunta asesora da Secretaría Xeral Técnica da Presidencia do Goberno. Foi secretario xeral técnico da [[Presidente do Goberno de España|Presidencia do Goberno]] con [[Luis Carrero Blanco]] en 1969<ref>''[[La Voz de Galicia]]'', 8/11/1969, p. 10.</ref> e foi elixido procurador en Cortes en 1971 como representante da familia.<ref name=":3">[http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/Iniciativas?_piref73_2148295_73_1335437_1335437.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXDSP.fmt&DOCS=1-1&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&QUERY=%28MEILAN+GIL++JOSE+LUIS%29.DIPU. Ficha no Congreso dos Deputados]</ref> En 1990, foi nomeado reitor da Universidade da Coruña no primeiro mandato de [[Manuel Fraga]] na [[Xunta de Galicia]],<ref name=":1">{{Cita web|url=https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2018/06/27/ex-rector-jose-luis-meilan/1304917.html|data-publicación=27-06-2018|xornal=La Opinión Coruña |título=El ex rector José Luis Meilán Gil fallece a los 84 años|data-acceso=27/6/2018}}</ref> e consideróuselle próximo ao [[Opus Dei]].<ref name=":2">{{Cita web |url=https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/08/10/rector-llego-decreto/984304.html |apelidos=Gutiérrez|nome=José Manuel |data-publicación=10/8/2015 |xornal=[[La Opinión Coruña]] |título=El rector que llegó por decreto |data-acceso=27/6/2018}}</ref> Nos últimos anos foi columnista do xornal ''[[La Voz de Galicia]]''.
 
=== O Partido Galego Independente ===