Abrir o menú principal

Cambios

 
== Traxectoria ==
Estudou [[Dereito]] nas Universidades de [[Universidade de Santiago de Compostela|Santiago de Compostela]], [[Universidade de Zaragoza|Zaragoza]] e [[Universidade de Oviedo|Oviedo]] (1951-1956). Acadou a licenciatura en [[Dereito]] na [[Universidade de Oviedo]] e fixo o doutoramento na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Completou os estudos na [[London School of Economics]] e na [[universidadeUniversidade de Bonn]].<ref name=":0" /> Foi profesor de Administración Económica na Escuela Nacional de Administración Pública de [[Alcalá de Henares]] en 1956 e despois na [[Universidade de Madrid]]. Foi catedrático de Dereito Administrativo na [[Universidade de Santiago de Compostela]] dende [[1968]]. Foi director adxunto do Instituto de Estudos Administrativos de Alcalá de Henares, conselleiro nacional de Educación e membro da xunta asesora da Secretaría Xeral Técnica da Presidencia do Goberno. Foi secretario xeral técnico da [[Presidente do Goberno de España|Presidencia do Goberno]] con [[Luis Carrero Blanco]] en 1969<ref>''[[La Voz de Galicia]]'', 8-11-1969, p. 10.</ref> e foi elixido procurador en Cortes en 1971 como representante da familia.<ref>[http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/Iniciativas?_piref73_2148295_73_1335437_1335437.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXDSP.fmt&DOCS=1-1&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&QUERY=%28MEILAN+GIL++JOSE+LUIS%29.DIPU. Ficha no Congreso dos Deputados]</ref> En 1990, foi nomeado reitor da [[universidadeUniversidade da Coruña]] (UDC) no primeiro mandato de [[Manuel Fraga]] na [[Xunta de Galicia]],<ref name=":1">{{Cita web|url=https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2018/06/27/ex-rector-jose-luis-meilan/1304917.html|data-publicación=27-06-2018|páxina-webxornal=laopinioncoruna.esLa Opinión Coruña |título=El ex rector José Luis Meilán Gil fallece a los 84 años|data-acceso=27-06-2018}}</ref> e consideróuselle próximo ao [[Opus Dei]]. <ref name=":2">{{Cita web |url=https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/08/10/rector-llego-decreto/984304.html |apelidos=Gutiérrez|nome=José Manuel |data-publicación=10-08-2015 |páxina-webxornal=laopinioncoruna.es[[La Opinión Coruña]] |título=El rector que llegó por decreto |data-acceso=27-06-2018}}</ref> Nos últimos anos foi columnista do xornal ''[[La Voz de Galicia]]''.
 
=== O Partido Galego Independente ===
Despois de ocupar relevantes cargos na administración durante o [[Franquismo|réxime de Franco]] en agosto de [[1976]] funda o [[Partido GalegoGallego IndependenteIndependiente]] onde participan profesores da [[Universidade de Santiago de Compostela]] como [[Pablo González Mariñas]] ou [[Perfecto Yebra]] ou empresarios como [[Claudio Sanmartín]].<ref>''[[A gran historia de Galicia]]'' XIV, volume 1. Ed. ''La Voz de Galicia'', paxp. 92. ISBN 978-84-96931-31-2.</ref> Propugna unha transición democrática fronte ao rupturismo impulsado polo [[nacionalismo]] de esquerdas e acadar unha plena autonomía política para Galicia. Competía polo espazo que na provincia da Coruña quería ocupar o partido [[Reforma Democrática]] de [[Manuel Fraga Iribarne]], tamén partidario dunha reforma política cara a consecución dunha [[democracia]] de corte occidental e de limitadas autonomías rexionais, e que estaba captando personaxes influentes como [[María Victoria Fernández-España]], da familia propietaria de ''[[La Voz de Galicia]]''.
 
Nas primeiras eleccións, tras a aprobación da [[Lei de Reforma Política]], integrou o seu partido na coalición UCD, auspiciada dende o poder por [[Adolfo Suárez]], ao igual que o fixeron outras forzas de centro galeguistas como os centristas de [[Euloxio Gómez Franqueira]]. Isto contribuíu ao rotundo éxito desa forza nas eleccións do 15 de xuño de 1977: UCD acadaba 20 dos 27 deputados que Galicia tiña no [[Congreso dos Deputados|Congreso]].
 
=== A consecución da autonomía ===
A partir de aí a acción política traduciuse no estímulo social, xunto con outros notables e forzas non rupturistas, de espallar o sentimento autonomista, do que foron expresión as grandes manifestacións a prol da [[autonomía]] política do 4 de decembro de 1977. Paralelamente, arrincouse do Goberno Suárez o Real Decreto-lei 7/1988 de 16 de marzo polo que se establecía un réxime de preautonomía un día antes de que se ditase o correspondente a Aragón, Canarias e Valencia. Deste xeito, buscábase suliñar o carácter de ''nacionalidade histórica'' de Galicia, por ter xa plebiscitado un [[Estatuto de Autonomía de 1936|Estatuto de Autonomía en [[1936]]. O 18 de abril constituíuse a [[Xunta de Galicia]] preautonómica onde Meilán Gil colocaba a un dos seus homes [[Alejandrino Fernández Barreiro]] na carteira de [[consellería de Educación e Cultura|Educación e Cultura]]. Meilán asumiu a [[consellería de Agricultura]].
 
Como deputado nas [[Cortes Xerais]], Meilán defendeu a disposición constitucional que permitía ás [[comunidade autónoma|comunidades autónomas]] que no pasado plebiscitaran un [[Estatuto de autonomía]] acadar o autogoberno pola vía rápida constitucionalmente prevista. Era a única fórmula que permitía a Galicia acceder en igualdade de condicións que [[Cataluña]] e o [[País Vasco]], pois Galicia non chegara a ter un goberno autónomo propio debido áao irrupción[[golpe do levantamentode militarestado do 18 de xullo de 1936]]. Tamén se amosou partidario da expresión ''nacionalidades'' incluída no artigo 2 da [[Constitución Española|Constitución]]. Nesa época, estivo embarcado no DC-8 que sufriu o [[accidente da Lavacolla]] en 1978.
 
Volveu ser número un na lista de UCD ás [[eleccións]] de 1 de marzo de 1979, onde esta forza política acadou en Galicia 17 escanos dos 27 posibles. Como membro da asemblea de parlamentarios participou activamente na redacción do Estatuto de Autonomía. Aínda que non se recolleu o texto do [[Estatuto dos dezaseis]], opúxose aos intentos do Ministro da Presidencia [[Pérez Llorca]] de recortar as competencias de Galicia e denominou á disposición adicional terceira proposta por aquel para condicionar os poderes lexislativos como "trasto inútil".
 
A Comisión Constitucional finalmente aproba un proxecto que só a UCD estatal apoiaba. Ante esta deriva, o [[nacionalismo galego|nacionalismo]] de esquerdas confirmaba a necesidade dunha vía de ruptura mediante as [[Bases constitucionais]]. Manuel Fraga Iribarne o 20 de novembro de 1979 anunciaba, pola súa parte, que [[AP]] non consentiría ningunha discriminación para Galicia e o 24 de xaneiro de 1980 formulaba a "Declaración de Cambados" onde facía un chamamento a todos os partidos políticos para acadar un Estatuto aceptado pola maioría.<ref>Opus cit, p. 176 e 179</ref> Personaxes influentes como [[Domingo García-Sabell]], [[Ramón Piñeiro]], [[Eduardo Blanco Amor]] ou [[Xerardo Fernández Albor]], [[Isaac Díaz Pardo]], [[Álvaro Cunqueiro]], [[Xaquín Lorenzo]] ou [[Antón Fraguas]] cualificaban nun manifesto conxunto ao Estatuto de UCD, como unha "agresión política a Galicia". Ante isto, Meilán Gil convoca a UCD da Coruña e na denominada "Declaración de Bergondo" de 30 de marzo propugna a recuperación dun texto axeitado ás arelas de autonomía do país. Isto desembocou no "Pacto do Hostal" do 29 de setembro de 1980 entre UCD, [[PSOE]], [[AP]], [[Partido Galeguista (1978)|PG]], e [[PCE]] que desbloqueou o proceso e permitiu recuperar boa parte do articulado inicial.
 
=== Fin da carreira política ===
Tras a derrota de UCD, nas primeiras eleccións autonómicas ante unha AP que presentaba ao galeguista [[Xerardo Fernández Albor]], Meilán Gil empezaempezou a preparar a recuperación do Partido Galego Independente. Preséntao o 10 de setembro de 1982 e fai unha proposta de [[coalición]] ao [[Partido Galeguista (1978)|Partido Galeguista]], que non é atendida por este. O seu fracaso nas [[eleccións xerais]] seguintes de 28 de outubro, supuxo a entrada do Partido Galego Independente na operación para constituír a [[Coalición Galega]] como partido mediante o entendemento con Franqueira e o [[Partido Galeguista (1978)|Partido Galeguista]] de [[Rodríguez Peña]]. Tras o éxito nas [[eleccións municipais de maio de 1982]], Coalición Galega era presentada como partido o 27 de maio. Meilán Gil retirábase da política activa para se centrar na avogacía e na [[docencia]].<ref name=":2" />
 
== Obras ==
173.273

edicións