José Luis Meilán Gil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m arranxiño de formato e recat
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Biografía|nome=José Luis Meilán Gil {{Medalla|Galicia}}|}}
'''José Luis Meilán Gil''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[6 de xullo]] de [[1933]] e finado na mesma cidade o [[26 de xuño]] de [[2018]],<ref>[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/06/27/fallece-jose-luis-meilan-gil-hombre-clave-politica-cultura-galicia/0003_201806G27P12995.htm Fallece José Luis Meilán Gil, hombre clave de la política y la cultura en Galicia] {{es}}</ref>, foi un xurista e político galego. Catedrático de Dereito Administrativo dende [[1968]], foi fundador do [[Partido Galego Independente]], presidente do Instituto de Reforma y Desarrollo Agrario, deputado de [[UCD]] pola [[provincia da Coruña]] na lexislatura constituínte de [[1977]] e na primeira lexislatura de [[1979]].<ref name=":0">{{Cita web|url=http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/Diputados/BusqForm?_piref73_1333155_73_1333154_1333154.next_page=/wc/fichaDiputado?idDiputado=207&idLegislatura=1|páxina-web=congreso.es|título=Ficha persoal do Congreso|data-acceso=27-06-2018}}</ref> Tamén foi [[reitor]] da [[Universidade da Coruña]].
 
== Traxectoria ==
Liña 6:
 
=== O Partido Galego Independente ===
Despois de ocupar relevantes cargos na administración durante o [[Franquismo|réxime de Franco]] en agosto de [[1976]] funda o [[Partido Galego Independente]] onde participan profesores da [[Universidade de Santiago de Compostela]] como [[Pablo González Mariñas]] ou [[Perfecto Yebra]] ou empresarios como [[Claudio Sanmartín]].<ref>''[[A gran historia de Galicia]]'' XIV, volume 1. Ed. ''La Voz de Galicia'', pax. 92. ISBN 978-84-96931-31-2</ref>. Propugna unha transición democrática fronte ao rupturismo impulsado polo [[nacionalismo]] de esquerdas e acadar unha plena autonomía política para Galicia. Competía polo espazo que na provincia da Coruña quería ocupar o partido [[Reforma Democrática]] de [[Manuel Fraga Iribarne]], tamén partidario dunha reforma política cara a consecución dunha democracia de corte occidental e de limitadas autonomías rexionais, e que estaba captando personaxes influentes como [[María Victoria Fernández-España]], da familia propietaria de ''[[La Voz de Galicia]]''.
 
Nas primeiras eleccións, tras a aprobación da Lei de Reforma Política, integrou o seu partido na coalición UCD, auspiciada dende o poder por [[Adolfo Suárez]], ao igual que o fixeron outras forzas de centro galeguistas como os centristas de [[Euloxio Gómez Franqueira]]. Isto contribuíu ao rotundo éxito desa forza nas eleccións do 15 de xuño de 1977: UCD acadaba 20 dos 27 deputados que Galicia tiña no Congreso.
Liña 17:
Volveu ser número un na lista de UCD ás eleccións de 1 de marzo de 1979, onde esta forza política acadou en Galicia 17 escanos dos 27 posibles. Como membro da asemblea de parlamentarios participou activamente na redacción do Estatuto de Autonomía. Aínda que non se recolleu o texto do [[Estatuto dos dezaseis]], opúxose aos intentos do Ministro da Presidencia [[Pérez Llorca]] de recortar as competencias de Galicia e denominou á disposición adicional terceira proposta por aquel para condicionar os poderes lexislativos como "trasto inútil".
 
A Comisión Constitucional finalmente aproba un proxecto que só a UCD estatal apoiaba. Ante esta deriva, o nacionalismo de esquerdas confirmaba a necesidade dunha vía de ruptura mediante as [[Bases constitucionais]]. Manuel Fraga Iribarne o 20 de novembro de 1979 anunciaba, pola súa parte, que [[AP]] non consentiría ningunha discriminación para Galicia e o 24 de xaneiro de 1980 formulaba a "Declaración de Cambados" onde facía un chamamento a todos os partidos políticos para acadar un Estatuto aceptado pola maioría.<ref>Opus cit, ppp. 176 e 179</ref>. Personaxes influentes como [[Domingo García-Sabell]], [[Ramón Piñeiro]], [[Eduardo Blanco Amor]] ou [[Xerardo Fernández Albor]], [[Isaac Díaz Pardo]], [[Álvaro Cunqueiro]], [[Xaquín Lorenzo]] ou [[Antón Fraguas]] cualificaban nun manifesto conxunto ao Estatuto de UCD, como unha "agresión política a Galicia". Ante isto, Meilán Gil convoca a UCD da Coruña e na denominada "Declaración de Bergondo" de 30 de marzo propugna a recuperación dun texto axeitado ás arelas de autonomía do país. Isto desembocou no "Pacto do Hostal" do 29 de setembro de 1980 entre UCD, [[PSOE]], [[AP]], [[Partido Galeguista (1978)|PG]], e [[PCE]] que desbloqueou o proceso e permitiu recuperar boa parte do articulado inicial.
 
=== Fin da carreira política ===
Liña 46:
{{Reitores da Universidade da Coruña}}
{{Medalla de Ouro de Galicia}}
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Meilan Gil, Jose Luis}}
[[Categoría:Nados en 1933]]
[[Categoría:NadosFinados naen Coruña2018]]
[[Categoría:Nados na Coruña]]
[[Categoría:Deputados de Galicia]]
[[Categoría:Procuradores en Cortes galegos]]
Liña 55 ⟶ 56:
[[Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá]]
[[Categoría:Reitores da Universidade da Coruña]]
[[Categoría:Nados na Coruña]]
[[Categoría:Medalla de Ouro de Galicia]]
[[Categoría:Nados en 1933]]
[[Categoría:Enciclopedistas de Galicia]]
[[Categoría:FinadosConselleiros enda 2018Xunta de Galicia]]
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]]
[[Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia]]