Abrir o menú principal

Cambios

engado referencias
{{Biografía|nome=José Luis Meilán Gil {{Medalla|Galicia}}|}}
'''José Luis Meilán Gil''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[6 de xullo]] de [[1933]] e finado na mesma cidade o [[26 de xuño]] de [[2018]]<ref>[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/06/27/fallece-jose-luis-meilan-gil-hombre-clave-politica-cultura-galicia/0003_201806G27P12995.htm Fallece José Luis Meilán Gil, hombre clave de la política y la cultura en Galicia]{{es}}</ref>, foi un xurista e político galego. Catedrático de Dereito Administrativo dende [[1968]], foi fundador do [[Partido Galego Independente]], presidente do Instituto de Reforma y Desarrollo Agrario, deputado de [[UCD]] pola [[provincia da Coruña]] enna lexislatura constituínte de [[1977]] e na primeira lexislatura de [[1979]],.<ref ename=":0">{{Cita web|url=http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/Diputados/BusqForm?_piref73_1333155_73_1333154_1333154.next_page=/wc/fichaDiputado?idDiputado=207&idLegislatura=1|páxina-web=congreso.es|título=Ficha persoal do Congreso|data-acceso=27-06-2018}}</ref> Tamén foi [[reitor]] da [[Universidade da Coruña]].
 
== Traxectoria persoal e profesional ==
Acadou a licenciatura en [[Dereito]] na [[universidade de Oviedo]] e fixo o doutoramento na [[universidade de Santiago de Compostela]]. Completou os estudos na [[London School of Economics]] e na [[universidade de Bonn]],<ref name=":0" /> Foi catedrático de Dereito Administrativo na universidade de Santiago de Compostela. En 1990, foi nomeado reitor da [[universidade da Coruña]] (UDC) no primeiro mandato de Fraga na Xunta de Galicia,<ref name=":1">{{Cita web|url=https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2018/06/27/ex-rector-jose-luis-meilan/1304917.html|data-publicación=27-06-2018|páxina-web=laopinioncoruna.es|título=El ex rector José Luis Meilán Gil fallece a los 84 años|data-acceso=27-06-2018}}</ref> e consideróuselle próximo ao [[Opus Dei]]. <ref name=":2">{{Cita web|url=https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/08/10/rector-llego-decreto/984304.html|apelidos=Gutiérrez|nome=José Manuel|data-publicación=10-08-2015|páxina-web=laopinioncoruna.es|título=El rector que llegó por decreto|data-acceso=27-06-2018}}</ref> Nos últimos anos foi columnista do xornal ''[[La Voz de Galicia]]''.
 
== Traxectoria política ==
=== O Partido Galego Independente ===
Despois de ocupar relevantes cargos na administración durante o [[Franquismo|réxime de Franco]] (foi procurador en Cortes),<ref name=":2" /> en agosto de [[1976]] funda o [[Partido Galego Independente]] onde participan profesores da [[Universidade de Santiago de Compostela]] como [[Pablo González Mariñas]] ou [[Perfecto Yebra]] ou empresarios como [[Claudio Sanmartín]]<ref>''[[A gran historia de Galicia]]'' XIV, volume 1. Ed. ''La Voz de Galicia'', pax. 92. ISBN 978-84-96931-31-2</ref>. Propugna unha transición democrática fronte ao rupturismo impulsado polo [[nacionalismo]] de esquerdas e acadar unha plena autonomía política para Galicia. Competía polo espazo que na provincia da Coruña quería ocupar o partido [[Reforma Democrática]] de [[Manuel Fraga Iribarne]], tamén partidario dunha reforma política cara a consecución dunha democracia de corte occidental e de limitadas autonomías rexionais, e que estaba captando personaxes influentes como [[María Victoria Fernández-España]], da familia propietaria de ''[[La Voz de Galicia]]''.
 
Nas primeiras eleccións, tras a aprobación da Lei de Reforma Política, integrou o seu partido na coalición UCD, auspiciada dende o poder por [[Adolfo Suárez]], ao igual que o fixeron outras forzas de centro galeguistas como os centristas de [[Euloxio Gómez Franqueira]]. Isto contribuiu ao rotundo éxito desa forza nas eleccións do 15 de xuño de 1977: UCD acadaba 20 dos 27 deputados que Galicia tiña no Congreso.
 
=== Fin da carreira política ===
Tras a derrota de UCD, nas primeiras eleccións autonómicas ante unha AP que presentaba ao galeguista Xerardo Fernández Albor, Meilán Gil empeza a preparar a recuperación do Partido Galego Independente. Preséntao o 10 de setembro de 1982 e fai unha proposta de coalición ao [[Partido Galeguista (1978)|Partido Galeguista]], que non é atendida por este. O seu fracaso nas eleccións xerais seguintes de 28 de outubro, supuxo a entrada do Partido Galego Independente na operación para constituír a [[Coalición Galega]] como partido mediante o entendemento con Franqueira e o [[Partido Galeguista (1978)|Partido Galeguista]] de [[Rodríguez Peña]]. Tras o éxito nas eleccións municipais de maio de 1982, Coalición Galega era presentada como partido o 27 de maio. Meilán Gil retirábase da política activa para se centrar na vogacía e na docencia.<ref name=":2" />
 
== Obras ==
 
== Distincións ==
* Fillo predilecto da Provincia da Coruña<ref name=":1" />
* Premio Fernández-Latorre de Xornalismo
* Medalla de Ouro de Galicia<ref name=":1" />
* Gran Cruz Mérito Civil
* Gran Cruz Alfonso X el Sabio
 
== Notas ==
{{Listaref|30em}}
 
{{Reitores da Universidade da Coruña}}
11.039

edicións