Medina Sidonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Liña 159:
No que se refire ao sector da [[hostalería]], a cidade conta cun amplo abanico de [[Turismo rural|casas rurais]] repartidas por distintos puntos do Casco Histórico. Casas palaciegas, casas de estilo árabe, todas elas reformadas e adecuadas para o seu uso residencial, e que son unha mostra da arquitectura clásica andaluza. O [[14 de setembro]] de [[2007]] se inuguró o primeiro hotel de catro estrelas da cidade, o Hotel-Spa Al-Medina Sidonia Golf.
 
O outro grangrande atractivo turístico que posúe a cidade é o vasto legado histórico que se esconde entre as súas rúas. Todas e cada unha das civilizacións que pasaron polas súas terras deixaron, en menor ou maior medida, a súa pegada na cidade. Medina-Sidonia conta cunha importante densidade de monumentos dun gran valor histórico, arqueolóxico e artístico. Son de especial importancia os monumentos do [[Hispania|período romano]] que corresponden coa antiga [[Asido Cesaerina]], así como tamén todos aqueles que pertencen ao [[Al-Andalus|período andalusí]]. O casco histórico da cidade foi declarado [[Ben de Interese Cultural]] o [[13 de novembro]] de [[2001]],<ref>http://www.juntadeandalucia.es/boja/html/2001/148/66.pdf</ref> o cal non impediu que a cidade benefíciese dun adecuado crecemento urbanístico.
 
No que se refire á industria do doce en Medina-Sidonia, dise que chegou a ser a capital da repostería do mundo árabe.