Literatura medieval: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Anonimato: arranxiño
Liña 7:
 
== Literatura relixiosa ==
[[Ficheiro:SummaTheologiae.jpg|miniatura|dereita|180px|A ''[[Summa Theologiae]]'' de [[San [[Tomé de Aquino]].]]
Os traballos relacionados coa teoloxía foron o tipo de literatura dominante ao longo da Idade Media; o [[clero]] [[católico]] era o centro intelectual da sociedade nesta época, razón pola que a súa produción literaria foi, con diferenza, a máis produtiva.
 
Numerosos [[himno]]s desta época sobreviviron o paso do tempo, tanto [[liturxia|litúrxicos]] como paralitúrxicos. A liturxia en si non estaba establecida e numerosos misais competían e alegaban concepcións individuais da [[misa]]. Certos estudosos relixiosos como [[Anselmo de Canterbury]], [[San Tomé de Aquino]] e [[Pierre Abélard]] escribiron longos tratados sobre [[teoloxía]] e [[filosofía]], tratando de reconciliar as ensinanzas dos autores gregos e pagáns romanos coas doutrinas da [[Igrexa Católicacatólica]]. As [[haxiografía]]s -ou ''as vidas dos Santos''- tamén se escribiron principalmente durante este período, a modo de estímulo para o devoto e de advertencia para o resto.
 
A ''[[Lenda Dourada]]'' de [[Santiago de la Vorágine]] alcanzou tal popularidade que, no seu tempo seguramente se leu máis que a [[Biblia]]. [[San Francisco de Asís]] foi outro prolífico poeta e os seguidores da súa orde, os [[Orde de San Francisco|franciscanos]], acostumaban escribir poemas como unha expresión da súa piedade. As obras ''[[Dies Irae]]'' (Día da Ira) e ''[[Stabat Mater]]'' (Estaba a Mai) son probabelmente dous dos mellores poemas latinos en materia de relixión. A [[Literatura goliardesca|poesía goliárdica]] (estrofas de catro liñas de versos satíricos) foi unha forma de arte utilizada por algúns cregos para expresaren o seu desacordo nalgún tema. O único escrito relixioso amplamente estendido e non escrito por cregos foron os [[Xogo misterioso|xogos misteriosos]]: perdendo co tempo promulgacións simples do ''[[tableaux]]'' dunha escena bíblica soa, cada [[Auto sacramental|auto]] relixioso converteuse na expresión do seu pobo dos acontecementos cruciais na Biblia. O texto destas obras teatrais normalmente controlábano as [[Confraría relixiosa|confraría]]s locais, e os autos relixiosos eran levados a cabo regularmente en días festivos determinados, con frecuencia durando todo o día e parte da noite.