Diferenzas entre revisións de «Literatura inglesa medieval»

m
Arranxiño
m (→‎Lírica: Arranxos varios)
m (Arranxiño)
Durante este período de [[tempo]] ten lugar en [[Inglaterra]] un importante acontecemento que cambiará a traxectoria do pobo [[Inglaterra|inglés]]: [[Guillerme I de Inglaterra]] (o Conquistador), procedente de [[Francia]], convértese no novo [[rei]] de Inglaterra a partir do [[século XI]]. Guillerme invadiu Inglaterra dende [[Normandía]], levando á súa [[Armada (mariña)|armada]] á [[vitoria]] na [[Batalla de Hastings]] en [[1066]]. A conquista normanda de Inglaterra trae como consecuencia un punto e a parte na evolución da [[lingua]] do [[país]], un parón na produción literaria do inglés e un período de desprestixio social e decadencia deste [[idioma]]. Ocasionou unha situación de [[diglosia]] na [[sociedade]] inglesa da época que contribuíu á separación das clases sociais: mentres o [[rei]] e a [[nobreza]] falaban [[Lingua francesa|francés]], os membros da [[Igrexa Católicacatólica|Igrexa]] empregaban o [[lingua latina|latín]] e a xente pertencente aos estamentos máis baixos da sociedade falaban "a vernácula" (inglés).
A diglosia foi o factor que provocou o progresivo proceso de crioulización que o inglés sufriu co francés e en menor medida co latín dende a [[Idade Media]]. A palabras de orixe [[linguas xermánicas|xermánica]] propias do anglosaxón orixinal tales coma o adxectivo ''"kingly"'' (monárquico) ou o verbo ''"to ask"'' (preguntar) foron incorporados sinónimos franceses coma ''"royal"'' e ''"to question"'' ou latinos coma ''"monarchical"'' e ''"to interrogate"'' respectivamente.
 
110.227

edicións