Megalópteros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 22:
A dos '''megalópteros''' ('''Megaloptera''') é unha [[orde (bioloxía)|orde]] de [[insectos]] da que se coñecen unhas 300 especies.
 
O nome procede do grego μέγα-, mega, 'grande' e πτέρυξ, pterix, 'á', en referencia ás súas ás grandes e burdas. Os megalópteros son insectos relativaemnte descoñecidos en gran parte da súa área de distribución, debido á curta vida dos adultos, a frecuentemente alta tolerancia das larvas acuáticas á [[polución]] (polo que son difíciles de atopar por bañistas), e os seus hábitos xeralmente crepusculares ou nocturnos. Porén, en [[América]] os da subfamilia [[Corydalinae]] son ben coñecidos polas mandíbulas parecidas a defensas de elefante dos machos. Estas teñen unha aparencia formidable, pero son relativamente inofensivas para os humanos e outros animais; a súa función é impresionar ásas femias e suxeitalas durante o apareamento, e algúns machos pelexan entre eles en exhibicións de cortexo. As larvas destas especies adoitan usarse como isco para a pesca con anzó en Norteamérica.
 
Anteriormete os Megaloptera eran considerados parte dun grupo denominado [[Neuroptera]], no que se incluían outros grupos, que son agora considerados xeralmente ordes separadas, e os Neuroptera comprenden agora só eses outros grupos (que antes se chamaban Planipennia). Os anteriores Neuroptera están, non obstante, moi estreitamente relacionados entre si e o novo nome para este grupo é [[Neuropterida]].<ref>Tamén chamados "Neuropteroidea", aínda que a terminación "-oidea" é a que normalmente se usa para as superfamilias. Ver referencias en Haaramo (2008).</ref> Este é situado ou ben como un superorde, cos [[Endopterygota]] (dos cales forman parte) constituíndo un [[clado]] sen categoría taxonómica sobre el, ou ben os Endopterygota son mantidos como superorde, e os Neuropterida, sen categoría, formarían parte deles. Dentro dos endopterigotos, os parentes vivos máis próximos do clado dos neuroptéridos son os [[escaravello]]s.