Megalópteros: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 30:
== Anatomía e ciclo vital ==
Os megalópteros adultos lembran moito a [[neurópteros]], excepto pola presenza dunha rexión prateada nas ás traseiras, que lle axuda a dobralas sobre o abdome. Teñen fortes mandíbulas e pezas bucais aparentemente adaptadas para mastigar, aínda que moitas especies non comen cando son adultos. Teñen grandes [[ollo composto|ollos compostos]], e nalgunhas especies tamén [[ollo simple|ocelo]]
As femias poñen ata 3 000 ovos nunha masa conxunta, que depositan sobre vexetación que colga sobre a superficie da auga. Sofren a forma máis rudimentaria de [[metamorfose (bioloxía)|metamorfose completa]] entre os insectos. Presentan menos diferenzas entre as formas larvarias e as adultas que calquera outra orde de insectos [[holometábolo]]s, e as súas larvas acuáticas viven en auga doce, arredor da cal viven tmén os adultos. As larvas son carnívoras, e comen pequenos invertebrados, como [[crustáceos]], [[ameixa (molusco)|ameixas]], [[verme]]s e outros insectos. Posúen fortes mandíbulas que usan para capturar as súas presas. Teñen grandes cabezas e corpos alongados. O abdome leva varios filamentos táctiles finos, que nalgunhas especies poden incluír [[branquia]]s. O segmento final do abdome leva un par de [[propata]]s, ou un só apéndice parecido a unha cola.<ref name=IIBD/>
|