Tarxeta gráfica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Robot: Reemplazo automático de texto (-productor +produtor)
anque > aínda que
Liña 41:
A aparición dos ''[[IBM]] PC'', co seu deseño aberto herdado dos ''Apple II'', marca o inicio do uso dunha tarxeta de ampliación especializada en mostrar gráficos. Os seus competidores ''Amiga 2000'' e ''Apple Macintosh'' reservaron en cambio esa posibilidade a ampliacións destinadas a usos profesionais, integrando case sempre a [[GPU]] básica (que batía en potencia ás tarxetas gráficas dos PCs do momento) nas suas placas base. Esta situación se perpetúa ata a aparición do '''Bus [[PCI]]''', que sitúa as tarxetas do PC a nivel dos buses internos dos seus competidores, o eliminar as dificultades de transmisión do '''Bus [[ISA]]'''.
 
AnqueAínda que os principais activos dunha tarxeta gráfica son a(s) GPU(s) que integran a cantidade, calidade e rapidez da súa VRAM (o que determina as resolucións que soporta, o número de cores que é capaz de mostrar simultáneamente e as operacións de aceleración 3D, que é capaz de realizar por segundos), deben terse en conta tamén o tipo de bus de conexión utilizado, a capacidade de mostrar imaxes por varios monitores, o tipo de contador utilizado e o seu número e a posibilidade de conectalo a pantalla de TV. Aínda o camiño actual (2006) acabará coa desaparición da conexión por modulador de TV ou de vídeo composto, e a máis longo prazo de toda a conexión analóxica, aínda queda un parque de vellos equipos que presentan incluso unha duración superior aos actuales monitores, polo que a posibilidade de conexión directa ou mediante un adaptador de baixo coste seguirá sendo un punto a considerar.
 
As tarxetas controladoras de gráficos [[VGA]] tiveron unha aceptación masiva, o que levou a compañías como '''[[ATI]]''', '''Cirrus Logic''' e '''S3 Graphics''', a traballar sobre a tarxeta gráfica para mellorar a resolución e o número de cores. Así naceu o estándar [[SVGA]] (Super VGA). Con dito estándar alcanzaronse os 2 Mb de memoria de vídeo, así como resolucións de 1024 x 768 puntos a 256 cores.