Batalla de Almansa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 24:
A '''batalla de Almansa''' foi un conflito bélico que tivo lugar en [[Almansa, Albacete|Almansa]] ([[provincia de Albacete]]) o [[25 de abril]] de [[1707]], no marco da [[guerra de Sucesión española]].
 
Nela enfrontáronse os partidarios do arquiduque Carlos, comandadas por [[Henri de Massue]] e o [[António Luís de Sousa, Marqués de Minas|marqués das Minas]], e os defensores da causa de [[Filipe de Anjou]], que fora coroado como [[Filipe V de España|FelipeFilipe V]], mandados polo duque de Berwick. A vitoria destes últimos, permitiu a rápida conquista do [[Reino de Valencia]], [[Cataluña]] e [[Aragón]], con moita resistencia austracista, aínda que os [[Foros de Valencia|foros]] quedaron abolidos, como os de [[Foros de Aragón|Aragón]], tras a publicación dos [[Decretos de Nueva Planta]].
 
== A batalla ==
Liña 34:
 
== Consecuencias ==
A batalla de Almansa non foi decisiva para a guerra, pero abriu o camiño para a ocupación do reino de Valencia, aínda que non significou a rendición dos austracistas do reino. O exército borbónico tivo que ir conquistando as poboacións que se lle resistían, como antes o austracista se vira obrigado a facer coas fieis a Filipe V. [[Xàtiva]] foi a primeira cidade asediada. O [[6 de xuño]] de [[1707]] rendíase a cidade, tras o cal, o [[19 de xuño|día 19]], a cidade foi incendiada por orde do rei Filipe V. Posteriormente mudóuselle o nome polo de San FelipeFilipe e precedeuse á súa repoboación con persoas fieis á causa borbónica (na actualidade consérvase un cadro de Filipe V no Museo Municipal de Xàtiva colgado boca abaixo desde 1940 en sinal de condena polo incendio da cidade).<ref>[http://www.lasprovincias.es/valencia/prensa/20070422/cultura/cuadro-monarca-pende-boca_20070422.html El cuadro del monarca pende boca abajo en l’Almodí por decretar el asedio de la villa], noticia no diario ''[[Las Provincias]]''.</ref> Máis tarde caeron, tamén con grande oposición, [[Alcoi]], [[Dénia]] e [[Alacant]].
 
Mais a ocupación do [[Reino de Valencia]] continuou a pesar da oposición austracista. O arquiduque chegou a liberar ao líder austracista [[Joan Baptista Basset]] (que fora encarcerado polas súas políticas favorables ao campesiñado e opostas aos privilexios nobiliarios), a fin de organizar as poucas forzas fieis aos austriacistas, sen conseguir frear o avance borbónico. Tras a conquista do [[Reino de Valencia]], tan só [[Cataluña]] e as [[Illas Baleares]] continuaron apoiando a causa austracista.