Batalla de Almansa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios +cda
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Liña 34:
 
== Consecuencias ==
A batalla de Almansa non foi decisiva para a guerra, pero abriu o camiño para a ocupación do reino de Valencia, aínda que non significou a rendición dos austracistas do reino. O exército borbónico tivo que ir conquistando as poboacións que se lle resistían, como antes o austracista se vira obrigado a facer coas fieis a Filipe V. [[Xàtiva]] foi a primeira cidade asediada. O [[6 de xuño]] de [[1707]] rendíase a cidade, tras o cal, o [[19 de xuño|día 19]], a cidade foi incendiada por orde do rei Filipe V. Posteriormente mudóuselle o nome polo de San Felipe e precedeuse á súa repoboación con persoas fieis á causa borbónica (na actualidade consérvase un cadro de Filipe V no Museo Municipal de Xàtiva colgado boca abaixo desde 1940 en sinal de condena polo incendio da cidade).<ref>[http://www.lasprovincias.es/valencia/prensa/20070422/cultura/cuadro-monarca-pende-boca_20070422.html El cuadro del monarca pende boca abajo en l’Almodí por decretar el asedio de la villa], noticia no diario ''[[Las Provincias]]''.</ref> Máis tarde caeron, tamén con grangrande oposición, [[Alcoi]], [[Dénia]] e [[Alacant]].
 
Mais a ocupación do [[Reino de Valencia]] continuou a pesar da oposición austracista. O arquiduque chegou a liberar ao líder austracista [[Joan Baptista Basset]] (que fora encarcerado polas súas políticas favorables ao campesiñado e opostas aos privilexios nobiliarios), a fin de organizar as poucas forzas fieis aos austriacistas, sen conseguir frear o avance borbónico. Tras a conquista do [[Reino de Valencia]], tan só [[Cataluña]] e as [[Illas Baleares]] continuaron apoiando a causa austracista.