Carmen Babiano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Maria zaos (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 4769188 de 164.39.77.53 (conversa) vandalismo ip
Etiqueta: Desfacer
Liña 1:
{{Biografía}}
salma is the best and sienna
'''Carmen Babiano Méndez-Núñez''', nada en [[Santiago de Compostela]] en [[1852]] e finada en [[Pontevedra]] o [[2 de setembro]] de [[1914]], foi unha pintora galega correspondente ao movemento realista de finais do século XIX.
 
== Traxectoria ==
Era filla de José Babiano Rodríguez, coronel do exército, e de María del Carmen Clara Méndez Núñez, irmá do célebre almirante [[Casto Méndez Núñez]]. Sendo moi nena trasladouse a vivir a [[Pontevedra]] cos seus pais, ao domicilio da súa tía Soledad quen residía nun palacete, a ''villa'' Méndez Nuñez. Rodeada dun ambiente cultural e sendo partícipe das múltiples reunións e faladoiros que se celebraban no seu fogar, ás que acudían os persoeiros máis relevantes da época nos ámbitos da política, cultura, etc.<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=V.|nome=|data=30 xullo 1882|título=[Pontevedra 23]|url=http://prensahistorica.mcu.es/es/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=6056333&interno=S&registrardownload=0&posicion=2&presentacion=pagina|PMC=|revista=La Correspondencia de España : diario universal de noticias|número=8895|páxinas=2|doi=|ISSN=|PMID=|volume=}}</ref>, Carmen pronto destacou como unha pintora con moita proxección de futuro. O seu talento foi fomentado polos seus pais que lle procuraron clases de pintura co pintor catalán [[Ramón Vives|Ramón Vives Ayné]], que se encontraba destinado no Instituto de Pontevedra<ref name=":1">{{Cita publicación periódica|apelidos=Conde|nome=María|data=30 marzo 2014|título=Carmen Babiano, pontevedresa pionera en el arte femenino|PMC=|revista=La voz de Galicia (ed. dixital)|número=|páxinas=|doi=|ISSN=|PMID=|volume=}}</ref>.
 
Participou en varias exposicións con éxito notable. A súa obra destaca polo seu realismo, aínda que carece dun estilo propio. Ademais do óleo practicou a técnica do debuxo, realizando espléndidos cadros da vida cotiá que foron publicados nalgunhas revistas. Foi colaboradora da revista [[La Ilustración Gallega y Asturiana]].
 
En 1883 casou co médico [[Víctor Mendoza Múñoz]], momento no que antepoñería o apelido Mendoza ao de Méndez-Núñez, polo que nalgúns círculos a coñecen como Carmen Babiano Mendoza. A partir dese ano deixou de lado a súa faceta pictórica, aínda que o seu fogar seguiría aberto ao máis florido da cultura pontevedresa<ref>{{Cita novas|autor=Conde, María|data=30 marzo 2014|título=Carmen Babiano, pontevedresa pionera en el arte femenino|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2014/03/30/carmen-babiano-pontevedresa-pionera-arte-femenino/0003_201403P30C15992.htm|data-acceso=11 marzo 2018}}</ref><ref name=":1" />. Por ese salón pasaron, entre outros, o pintor [[Carlos Sobrino]], a escritora [[Emilia Pardo Bazán]], o músico [[Manuel Quiroga Losada]], o arqueólogo [[Casto Sampedro]]<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Filgueira Valverde|nome=Xosé Fernando|data=1 novembro 1982|título=Cuatro musicologos gallegos|url=http://prensahistorica.mcu.es/es/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1000202883&interno=S&presentacion=pagina&posicion=24|PMC=|revista=Ritmo : revista musical ilustrada|número=527|páxinas=1-2|doi=|ISSN=|PMID=|volume=}}</ref>, os irmáns [[Andrés Muruais|Andrés]] e [[Jesús Muruais]], etcétera.
 
Deixou un legado artístico que consta de máis de 100 obras pictóricas que hoxe se conservan no [[Museo de Pontevedra]].
 
== Traballos ==
[[Ficheiro:Pitas.JPG|miniatura|As pitas.]]
En 1875 participou na [[Exposición Rexional e Industrial e Artística de Galicia de Santiago de Compostela]], onde presentou dous óleos e dúas paisaxes a lapis, copia de gravados, todos de carácter realista<ref name=":0" />. No mesmo ano, nos [[Xogos Florais]] de Pontevedra, conseguiu a medalla de bronce cun ''Ecce Homo''. En 1878, na Coruña, presentou un retrato do seu tío, o almirante [[Méndez Núñez]]<ref>{{Cita libro|título=. Women in the Fine Arts: From the Seventh Century B.C. to the Twentieth Century A.D.|apelidos=Waters|nome=Clara Erskine Clement|editorial=Mifflin|ano=1904|ISBN=|url=https://archive.org/stream/womeninfinearts00wategoog#page/n79|lugar=Houghton|páxina=22|lingua=inglés|ref=}}</ref>. Na [[Exposición Rexional de 1880]] celebrada en Pontevedra presentou o cadro titulado ''Unha nena dando de comer a unhas galiñas''<ref name=":0">{{Cita publicación periódica|apelidos=Maura|nome=León M.|data=25 marzo 1891|título=Biografías gallegas: Carmen Babiano|url=http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1052639&interno=S&presentacion=pagina&posicion=1|PMC=|revista=El regional: diario de Lugo|número=2482|páxinas=1-2|doi=|ISSN=|PMID=|volume=}}</ref> ou ''As pitas'', onde destaca o realismo que caracteriza a súa obra.
 
Realizou moitos debuxos, bosquexos anatómicos, paisaxes, bodegóns. Desenvolveu unha temática moi variada na súa obra, manténdose sempre dentro dun realismo case fotográfico.
 
Gravados publicados na revista [[La Ilustración Gallega y Asturiana]]:
* ''Ruinas da igrexa de Santo Domingo de Pontevedra'' (1879)<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Babiano|nome=Carmen|data=20 decembro 1879|título=Ruinas de la iglesia de Santo Domingo de Pontevedra|url=http://biblioteca.galiciana.gal/es/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1081863&interno=S&presentacion=pagina&posicion=12|PMC=|revista=La ilustración gallega y asturiana : revista decenal ilustrada|número=35|páxinas=12|doi=|ISSN=|PMID=|volume=}}</ref>
* ''Cercanías de Pontevedra'' (1881): "Río de Pelamios", "Olería no camiño do Lérez", "Grupo de casas no barrio da Moureira"<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Babiano|nome=Carmen|data=28 febreiro 1881|título=Cercanías de Pontevedra|url=http://prensahistorica.mcu.es/es/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=4084229&interno=S&presentacion=pagina&posicion=6|PMC=|revista=La Ilustración gallega y asturiana : revista decenal ilustrada|número=6|páxinas=6|doi=|ISSN=|PMID=|volume=III}}</ref>