Diferenzas entre revisións de «Centro Georges Pompidou»

m
https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Sem resumo de edição
m (https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran)
O Centro Pompidou ocupa pouco menos da metade do seu soar. A parte que sobra é unha enorme praza pública considerada parte do edificio xa que nela fanse actividades relacionadas co centro. O deseño deste espazo exterior foi decisivo na vitoria de Piano e Rogers no concurso. Na praza apíñanse os teatros rueiros, debuxantes, pequenas tendas rueiras e grupos de mozos, todos eles relacionados coa arte e a cultura. Nos límites deste espazo público hai colocados enormes tubos, algúns deles agrupados de dous en dous, que son os respiradeiros do aparcadoiro subterráneo que ocupa todo o soar. O gran tamaño destes tubos de refrixeración e a súa semellanza coas vías de ventilación dos barcos convértenlles en elementos propios do Centro Pompidou, ampliando os límites do edificio a toda a praza. O chan desta está inclinado lixeiramente cara ao Centro Pompidou, funcionando o edificio de pano de fondo.
 
Dende a restauración do Centro Pompidou levada a cabo dende setembro de [[1997]] ata xaneiro do ano [[2000]], hai máis restricións nas actividades que se fan na praza, habendo máis vixilancia tanto dentro como fóra do edificio. Nesta reforma abriuse ao tráfico algunhas rúas lindeiras coa praza que antes eran peonís. O resto de edificios que forman parte da praza son, principalmente, de finais do [[século XIX]], de estilo [[Modernismo|Modernista]]. En moitos destes edificios había galerías de arte que resultaban ser moi visitadas grazas á proximidade do Pompidou. Progresivamente, estas salas de arte deron paso a tendas, as cales teñen moito éxito grazas á grangrande afluencia de turistas que visitan en Centro Pompidou.
 
Débese lembrar que este edificio é o terceiro sitio máis visitado de París. Deste xeito, no barrio que rodea ao centro de arte hai unha mestura entre turistas, artistas, hippies e executivos que viven en carísimos apartamentos. [[Jean Baudrillard]] escribiu o libro ''L´effect Beaubourg'' en [[1977]]. Nel fala do que supón a construción do Pompidou para o barrio en que se atopa, unha zona deprimida antes da existencia deste centro de arte. Baudrillard di no seu libro que a arte do [[século XX]] é trasgresora, segreda e que quere cambiar a sociedade. Tamén apunta que o previsto mal uso do Centro Pompidou é unha expresión do odio que xera esa arte contemporánea e misteriosa.
12.418

edicións