Éibar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m Cambiei arroxo por afouteza
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Liña 38:
 
=== Composición ===
Eibar ten, ademais do núcleo urbano, cinco barrios rurais: Otaola, Aginaga, Arrate, Mandiola e Gorosta; barrios nos que se achan casaríos, basílicas e ermidas de grangrande interese nunha bonita contorna natural.
 
=== Transportes ===
Liña 100:
O '''sector primario''', centrado nos barrios rurais, está representado por explotacións familiares nas típicas casas rurais vascas, os casaríos ou ''baserris''. Estas explotacións agrícolas e gandeiras combínanse co traballo nas fábricas polo que teñen un carácter secundario na economía. Os seus produtos destínanse ao consumo propio e ao comercio nos mercados da comarca. É relevante a explotación forestal centrada no piñeiro que colonizou as antigas campas de pasto e hortas ao ter máis peso o traballo industrial que o agrícola.
 
O '''sector secundario''' (que a fixo coñecida como ''a cidade armeira'' pola súa importante industria de armas) desenvolveu sempre unha grangrande actividade industrial centrada na manufactura metálica. Os seus polígonos industriais, onde agora se recollen os talleres que noutro tempo estaban esparexidos por todo o municipio, albergan industrias de todo tipo. Destacan a máquina ferramenta, a fabricación de escopetas, a auxiliar do automóbil, máquinas de coser, bicicletas, microfusión de precisión e un longo etcétera consecuencia do dinamismo eibarrés cristalizado en empresas como [[Orbea]], [[Lambretta]], [[Alfa (máquinas de coser)|Alfa]], [[BH]], [[STAR, Bonifacio Echeverría S.A.|STAR]]. Entre as actividades industriais é de destacar a artesanía do [[damasquinado]] que se produciu tradicionalmente na cidade. Esta actividade artesá foi combinada coa armera convertendo algunhas armas en verdadeiras xoias ricamente decoradas con fío de ouro. Moitas empresas eibarresas instaláronse logo noutros municipios tanto das comarcas próximas como máis afastadas.
 
Canto ao '''sector de servizos''', Eibar é a cabeza de comarca de [[Debabarrena]] e principal cidade entre as dúas capitais vascas estando equidistante de ambas. Isto fai que o sector servizos estea moi desenvolvido. Nela céntranse os servizos comarcais de todo tipo, educación, sanidade, bancarios, comercio etc. A actividade industrial tamén conta cos seus servizos na cidade. O centro de investigación ou a corporación comarcal teñen a súa sede nela. O comercio destaca pola presenza de grandes almacéns e de moitas tendas de calidade do mesmo xeito que a restauración. En Eibar localízase a única tenda de [[El Corte Inglés]] da provincia de Guipúscoa; anteriormente era [[Galerías Preciados]]. Os pequenos comerciantes, para mellorar a súa posición, crearon a asociación [http://www.eibarcomercial.org|Eibar Centro Comercial Abierto].