Capadocia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Liña 84:
 
=== Período seliúcida ===
Os [[seliúcida]]s, considerados antepasados directos dos [[turco]]s occidentais, comezaron a chegar a Capadocia a partir do [[século XI]], despois da [[Batalla de Manzikert]] no [[1071]] onde derrotaron ao exército bizantino, e comezaron a conquista paulatina do territorio. Despois da toma de Kayseri no [[1082]], os selyúcidas iniciaron unha grangrande expansión urbanística na rexión, construíndo mesquitas en Kayseri, Aksaray, Niğde e outras cidades, e unha academia de medicina no [[1206]]. Ademais, construíron numerosos caravansarays ou caravasares (literalmente, ''palacio de caravanas''), unha especie de refuxio para que as caravanas que transitaban a [[Ruta da seda]], pernoctaran de forma segura no seu traxecto; algúns tiñan servizos adicionais ao de hostalería, como enfermería, cortes e mesquitas. Os ''caravansarays'' están dispersos por toda Anatolia, distanciados a uns 30 km entre si, e en tempos de guerra, servían como postos de defensa do territorio. Destaca o caravansaray de Agzikarahan, construído no [[século XIII]].
 
Nos séculos que seguiron, Anatolia foi escenario de conflitos entre os seliúcidas, Bizancio e os [[cruzada|cruzados]]. Estes últimos tomaron a capital seliúcida Iznik, e obrigaron aos selyúcidas a emigrar cara Konya, no centro de Anatolia. Os seliúcidas sentaron as raíces do [[Imperio Otomán]], que viría a existir a partir do [[século XV]] pois non en balde os turcos otománs procedían dun dos sultanatos —núcleo orixinario do futuro Imperio otomán— escindidos do estado seliúcida baixo o mando do líder [[Osmán I Gazi]]— que daría o nome da dinastía otomá u osmanlíes|osmanlí).