Antonio Rey Soto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Bibliófilos mediante HotCat
Liña 12:
A finais de 1923 Rey Soto embarcou cara a [[América]] para amosar o filme ''Un viaje a través de Galicia y Asturias'' aos emigrantes que alí vivían. A experiencia non resultou e Rey Soto ficou moi decepcionado pola escasa acollida da película. Permaneceu en América até 1931.
 
Ao longo da súa vida, Rey Soto foi formando unha moi valiosa [[biblioteca]] que poucos anos antes da súa morte cedeu ao [[Convento de San Xoán de Poio|Mosteiro de Poio]], onde hoxe se conserva. Entre as obras máis salientables destacan as ''Constitucións sinodais'' da [[diocese de Ourense]] editadas por [[Vasco Díaz Tanco]] en [[1544]] e un exemplar do ''Livro do Infante D. Pedro de Portugal'', editado en [[1644]]. Ademais, legou ao mosteiro a súa colección de prensa na que se inclúen xornais ourensáns coma ''[[El Eco de Orense]]'' e ''[[El Diario de Orense]]''.
 
A súa obra está escrita maioritariamente en castelán, sendo o drama ''Amor que vence al amor'' o que lle deu máis sona. O primeiro poema que escribiu en galego foi “O mosteiro de San Esteban de Ribas de Sil” en 1903. Tamén en galego está ''Falenas'' e o poema "O Pazo" (1909). En 1949 traduciu a Sátira IV do Libro II do ''Sermonum'' de [[Horacio]] como ''Escola de larpeiros'' <ref>http://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/2183/13524/CC_134_art_5.pdf?sequence=1 Gonzalo Constenla Bergueiro "Evolución das traducións ao galego: das orixes