Giovanni Papini: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 13:
 
== Algunhas obras destacadas ==
En 1906 publica ''O Crepúsculo dos Filósofos'', no que critica os sistemas filosóficos de Kant, Hegel, Schopenhauer, Comte, etc. Ao ano seguinte publica ''O tráxico cotián'' e ''O piloto cego'', unaunha "novela metafísica" e innovadora.
 
A crítica europea considera que a súa mellor obra é ''Gog'', unaunha colección de relatos filosóficos, escritos nun estilo brillante e satírico, e até o propio Papini confesou amala sobre todas as outras. A ela seguiulle, moitos anos despois, como continuación, ''O libro negro'', con igual estilo brillante e satírico. Con todo, ''Un home acabado'' (autobiografía) é considerada por moitos outros como a súa obra mestra.
 
Por outra banda, a súa obra ''O Diaño'', unaunha das últimas, foi obxecto de grandes discusións e controversias. Nela explica como o amor de [[Deus]] ao ser tan grande e magnífico, ao chegar o [[Xuízo Final]], se compadecerá de todos os sufrientes, pechará o [[inferno]] e redimirá a todos os pecadores, o cal é incompatible coa doutrina da [[Igrexa católica|Igrexa católica.]] Ademais, entre as súas obras relixiosas están ''Historia de Cristo'', ''San Agustín'', ''A escala de Jacob'', ''Cartas do Papa Celestino VIN aos homes'' e ''Xuízo Universal'' (póstuma).
 
En palabras de [[Jorge Luis Borges|Jorge Luís Borges]]: "Se alguén neste século é equiparable ao exipcio Proteo, ese alguén é Giovanni Papini, que algunha vez asinase Gian Falco, historiador da literatura e poeta, pragmatista e romántico, ateo e despois teólogo".<ref name="Borges">{{Cita web|url=http://www.difusioncultural.uam.mx/casadeltiempo/90_jul_ago_2006/casa_del_tiempo_num90-91_100.pdf|apelidos=Borges, Jorge Luis|título=Prólogo a ''Ya no quiero ser lo que soy''}}</ref> O propio Borges di que "hai estilos que non permiten ao autor falar en voz baixa. Papini, na polémica, adoitaba ser sonoro e enfático".