Bóvidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 21:
: ''Véxase o texto''
}}
A dos '''bóvidos''' (''Bovidae'') é unha [[familia (bioloxía)|familia]] de [[mamíferos]] [[artiodáctilos]] [[ruminantes]] que comprende, segundo os autores, entre oito e dez [[subfamilia]]s (algúns chegan a admitir até a ducia), entre as que destacan a dos [[bovinos]] (''Bovinae''), que inclúe [[vaca|bois]], [[bisonte]]s e [[búfalo]]s; a dos [[caprinos]] (''Caprinae''), que agrupa a [[cabra]]s, [[ovella]]s e [[Rupicapra|rebezos]], e a dos [[antilopinos]] (''Antilopinae''), ou ''antílopes verdadeiros'', que comprende as numerosas especesespecies de [[gacela]]s e outros [[antílope]]s.
 
Os seus hábitats naturais son moi variados, estendéndose desde o [[Ártico]] até o [[trópico de Cáncer]], habitando sobre todo en rexións de [[pradería]]s e [[sabana]]s, no vello mundo ([[Eurasia]] e [[África]]) e en [[Norteamérica]].
Liña 106:
Nos primeiros tempos da súa historia evolutiva, os bóvidos dividíronse en dous [[clado]]s principais, ''[[Boodontia]]'' (de dentes de boi) e ''[[Aegodontia]]'' (de detes de cabra). Esta temperá divisón entre ''Boodontia'' (de orixe euroasiática) e ''Aegodontia'' (de orixe africana) atribíesa á división entre estas masas de terra continental. Cando estes continentes se uniron posteriormente, a barreira que os illaba desparaeceu, e ambos os grupos se expandiron os usn cara aos terriotorios dos outros..<ref name=Hassanin>{{Cita publicación periódica | author = Hassanin, Douzery | year = 1999 | title = The tribal radiation of the family Bovidae (Artiodactyla) and the evolution of the mitochondrial cytochrome ''b'' gene | journal = Molecular Phylogenetics and Evolution | volume = 26 | issue = 2 | pages = 227–243 | url = http://www.isem.cnrs.fr/IMG/pdf/Hassanin_1999-MPE.pdf | pmid=10603253 | doi=10.1006/mpev.1999.0619 | last2 = Douzery | first2 = E.J.}}</ref>
 
No [[mioceno]] medio os bóvidos xa estaban presentes no conxunto do vello mundo, e unhas poucas especies chegaron no [[plistoceno]] a [[Norteamérica]] a través do [[estreito de Bering]].<ref name="K">Kowalski, Kazimierz (1981): ''Mamíferos. Manual de teriología''. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, p. 441.</ref>
 
Un posíbel [[cladograma]] represéntase a continuación:{{cómpre referencia}}