Diferenzas entre revisións de «Omatidio»

sen resumo de edición
[[Ficheiro:Ommatidie.JPG|miniatura| Omatidio: A – córnea, B – cono cristalino, C e D – células pigmentadas, E – rabdoma, F – células fotorreceptoras, G – membrana fenestrada, H – nervio óptico.]]
[[Ficheiro:Antarctic krill ommatidia.jpg|miniatura|Omatidios dun krill.]]
Os '''omatidios'''<ref>Dicionario Digalego [https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=46592&opcion=entrada&entrada=omatidio omatidio]</ref> son as unidades das que se compón o [[ollo composto]] dos [[artrópodos]], como [[insectos]], [[crustáceos]] e [[miriápodos]]<ref>{{cite journal |pages=463–76 |doi=10.1016/j.asd.2007.09.002 |title=The fine structure of the eyes of some bristly millipedes (Penicillata, Diplopoda): Additional support for the homology of mandibulate ommatidia |year=2007 |last1=Muller |first1=C |last2=Sombke |first2=A |last3=Rosenberg |first3=J |journal=Arthropod Structure & Development |volume=36 |issue=4}}</ref> Un omatidio contén un grupo de células fotorreceptoras rodeadas por células de sostén e células pigmentadas. A parte externa do omatidio está cuberta por unha [[córnea]] transparente. Cada omatidio está inervado por un feixe de [[axón]]s (que xeralmente consta de 6 a 9 axóns, dependendo do número de rabdómeros)<ref>Land, Michael F. and Nilsson, Dan-Eric. ''Animal Eyes'', Second Edition. Oxford University Press, 2012. p. 162. {{ISBN|978-0-19-958114-6}}.</ref>, detecta a presenza ou ausencia de luz e nalgúns casos a cor e proporciona ao cerebro un elemento ou punto da imaxe ([[píxel]]). O cerebro forma unha imaxe conxunta a partir deses elementos de imaxe independentes. O número de omatidios do ollo depende do tipo de artrópodo e pode ser de só 5, como no [[isópodo]] antártico ''[[Glyptonotus antarcticus]]'',<ref name="Meyer-Rochow 1982">{{cite journal|last=Meyer-Rochow|first=Victor Benno| title= The divided eye of the isopod Glyptonotus antarcticus: effects of unilateral dark adaptation and temperature elevation| journal=Proceedings of the Royal Society of London| volume=B215|pages=433–450}}</ref> ou variar de só uns poucos nonos primitivoprimitivos ''[[Zygentoma]]'' a arredor de 30&nbsp;000 en grandes [[odonatos|libélulas]] [[Anisoptera|anisópteras]] ou nalgunhas [[avelaíña]]s [[Sphingidae|esfínxidas]].<ref>{{cite book |last=Common |first=I. F. B. |title=Moths of Australia |publisher=Brill |year=1990 |page=15 |isbn=978-90-04-09227-3}}</ref>
 
Os omatidios son tipicamente [[hexágono|hexagonais]] en sección transversal e aproximadamente dez veces máis longos que largos. O diámetro é maior na superficie, adelgazándose cara ao extremo interno. Na superficie exterior hai unha córnea, debaixo da cal hai un cono ou pseudocono cristalino (poden ser de varios tipos) que actúa enfocando máis a luz. A córnea e o pseudocono constitúen o 10% máis externo da lonxitude de todo o omatidio.
190.202

edicións