Diferenzas entre revisións de «Angus, Escocia»

sen resumo de edición
(Creada como tradución da páxina "Angus (Escocia)")
 
Angus, chamado até [[1928]] Forfarshire, foi un dos condados históricos de Escocia até [[1975]] en que foi convertido nun dos distritos da rexión de Tayside. Esta división administrativa durou até [[1996]] en que foi dividida en tres concellos, un dos cales foi Angus. Os límites actuais son os mesmos que tiña o antigo condado agás a cidade de [[Dundee]] que foi segregada para formar un concello propio.
 
Xeograficamente, Angus pódese dividir en tres áreas: ó norte e oeste, a área dos chamados cinco Vales de Angus (''Angus Glens'') de topografía montañosa. Está escasamente poboada e a economía é predominantemente rural. Ó sur e leste a topografía é de suaves outeiros bordeando o mar. Está máis densamente poboada, contén as maiores poboacións do concello e a cidade de Dundee na costa. Entre ambas as zonas atópase o val de Strathmore, palabra gaélica que significa ''o Gran Val'', moi fértil e onde pasta o gando vacún autóctono chamado [[Angus (raza bovina)|Aberdeen angus]].
 
== ReferenciasNotas ==
{{listaref}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Cidades e vilas de Escocia]]
244.356

edicións