Diferenzas entre revisións de «Omatidio»

sen resumo de edición
Os omatidios son tipicamente [[hexágono|hexagonais]] en sección transversal e aproximadamente dez veces máis longos que largos. O diámetro é maior na superficie, adelgazándose cara ao extremo interno. Na superficie exterior hai unha córnea, debaixo da cal hai un cono ou pseudocono cristalino (poden ser de varios tipos) que actúa enfocando máis a luz. A córnea e o pseudocono constitúen o 10% máis externo da lonxitude de todo o omatidio.
 
O 90% máis interno do omatidio contén de 6 a 9 (dependendo da especie) [[célula fotorrecetora|células fotorreceptoras]] (retinulares) longas e delgadas no caso dalgunhas [[boolboreta]]s<ref name=briscoe2008>{{cite journal |pages=1805–13 |doi=10.1242/jeb.013045 |title=Reconstructing the ancestral butterfly eye: Focus on the opsins |year=2008 |last1=Briscoe |first1=A. D. |journal=Journal of Experimental Biology |volume=211 |issue=11 |pmid=18490396}}</ref> a miúdo abreviadas co nome de "[[célula R|células R]]" na literatura e xeralmente numeradas, por exemplo de R1 a R9.<ref name=briscoe2008/> Estas "células R" empaquetan estreitamente o omatidio. A porción de células R no eixe central do omatidio forma unha orla de [[microvilosidade]]s, que en conxunto se denominan en cada célula '''rabdómero''', e á súa vez os rabdómeros de todas as células forman colectivamente unha especie de tubo transparente que serve de guía para a luz, chamado '''rabdoma'''. As microvilosidades do rabdoma oriéntanse perpendicularmente ao eixe lonxitudinal do omatidio, e os rabdómeros de células opostas adoitan ser paralelos. O rabdoma pode esenderse ata a base do cono cristalino da parte superior do ollo (nese caso o ollo chámase ollo de aposición) ou pode estar limitdolimitado só á parte inferior do omatidio (ollo de superposición).
 
Nos [[dípteros]], o rabdoma está separado en sete rabdómeros independentes (hai en realidade oito, pero os dous rabdómeros centrais responsables da visión en cores sitúanse un enriba do outro), de modo que en cada omatidio se forma unha pequena imaxe de 7 píxeles invertida. Simultaneamente, os rabdómeros en omatidios adxacentes están aliñados de modo que o campo de visión dentro dun omatidio é o mesmo que entre omatidios. A vantaxe desta disposición é que o mesmo eixe visual é varrido desde unha área meirande dos ollos, incrementando así a sensibilidade nun factor de sete, sen incrementar o tamaño do ollo ou reducir a súa agudeza. Conseguir isto requiriu a reconexión do ollo de maneira que os feixes de axóns queden xirados 180 graos (reinvertidos), e cada rabdómero estea unido cos dos seis omatidios adxacentes que comparten o mesmo eixe visual. Así, ao nivel da lámina (o primeiro centro de procesamento óptico do [[cerebro de insecto|cerebro do insecto]]) os sinais entran exactamente da mesma maneira que no caso dun [[ollo composto]] de aposición normal, pero a imaxe é mellorada. Esta disposición visual coñécese como ''superposición neural''.<ref>Land, Michael F. and Nilsson, Dan-Eric. ''Animal Eyes'', Second Edition. Oxford University Press, 2012. pp. 163-164. {{ISBN|978-0-19-958114-6}}.</ref>
190.140

edicións