Omatidio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Os '''omatidios'''<ref>Dicionario Digalego [https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=46592&opcion=entrada&entrada=omatidio omatidio]</ref> son as unidades das que se compón o [[ollo composto]] dos [[artrópodos]], como [[insectos]], [[crustáceos]] e [[miriápodos]]<ref>{{cite journal |pages=463–76 |doi=10.1016/j.asd.2007.09.002 |title=The fine structure of the eyes of some bristly millipedes (Penicillata, Diplopoda): Additional support for the homology of mandibulate ommatidia |year=2007 |last1=Muller |first1=C |last2=Sombke |first2=A |last3=Rosenberg |first3=J |journal=Arthropod Structure & Development |volume=36 |issue=4}}</ref> Un omatidio contén un grupo de células fotorreceptoras rodeadas por células de sostén e células pigmentadas. A parte externa do omatidio está cuberta por unha [[córnea]] transparente. Cada omatidio está inervado por un feixe de [[axón]]s (que xeralmente consta de 6 a 9 axóns, dependendo do número de rabdómeros)<ref>Land, Michael F. and Nilsson, Dan-Eric. ''Animal Eyes'', Second Edition. Oxford University Press, 2012. p. 162. {{ISBN|978-0-19-958114-6}}.</ref> e proporciona ao cerebro un elemento ou punto da imaxe ([[píxel]]). O cerebro forma unha imaxe conxunta a partir deses elementos de imaxe independentes. O número de omatidios no ollo depende do tipo de artrópodo e pode ser de só 5, como no [[isópodo]] antártico ''[[Glyptonotus antarcticus]]'',<ref name="Meyer-Rochow 1982">{{cite journal|last=Meyer-Rochow|first=Victor Benno| title= The divided eye of the isopod Glyptonotus antarcticus: effects of unilateral dark adaptation and temperature elevation| journal=Proceedings of the Royal Society of London| volume=B215|pages=433–450}}</ref> ou variar de só uns poucos no primitivo ''[[Zygentoma]]'' a arredor de 30&nbsp;000 en grandes [[odonatos|libélulas]] [[Anisoptera|anisópteras]] ou nalgunhas [[avelaíña]]s [[Sphingidae|esfínxidas]].<ref>{{cite book |last=Common |first=I. F. B. |title=Moths of Australia |publisher=Brill |year=1990 |page=15 |isbn=978-90-04-09227-3}}</ref>
 
Os omatidios son tipicamente [[hexágono|hexagonais]] en sección transversal e aproximadamente dez veces máis longos que largos. O diámetro é maior na superficie, adelgazándose cara ao extremo interno. Na superficie exterior hai unha córnea, debaixo da cal hai un cono ou pseudocono cristalino (poden ser de varios tipos) que actúa enfocando máis a luz. A córnea e o pseudocono constitúen o 10% máis externo da lonxitude de todo o omatidio.
 
O 90% máis interno do omatidio contén de 6 a 9 (dependendo da especie) [[célula fotorrecetora|células fotorreceptoras]] (retinulares) longas e delgadas no caso dalgunhas [[boolboreta]]s<ref name=briscoe2008>{{cite journal |pages=1805–13 |doi=10.1242/jeb.013045 |title=Reconstructing the ancestral butterfly eye: Focus on the opsins |year=2008 |last1=Briscoe |first1=A. D. |journal=Journal of Experimental Biology |volume=211 |issue=11 |pmid=18490396}}</ref> a miúdo abreviadas co nome de "[[célula R|células R]]" na literatura e xeralmente numeradas, por exemplo de R1 a R9.<ref name=briscoe2008/> Estas "células R" empaquetan estreitamente o omatidio. A porción de células R no eixe central do omatidio forma unha orla de [[microvilosidade]]s, que en conxunto se denominan en cada célula '''rabdómero''', e á súa vez os rabdómeros de todas as células forman colectivamente unha especie de tubo transparente que serve de guía para a luz, chamado '''rabdoma'''. As microvilosidades do rabdoma oriéntanse perpendicularmente ao eixe lonxitudinal do omatidio, e os rabdómeros de células opostas adoitan ser paralelos. O rabdoma pode esenderse ata a base do cono cristalino da parte superior do ollo (nese caso o ollo chámase ollo de aposición) ou pode estar limitdo só á parte inferior do omatidio (ollo de superposición).