Omatidio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Os omatidios son tipicamente [[hexágono|hexagonais]] en sección transversal e aproximadamente dez veces máis longos que largos. O diámetro é maior na superficie, adelgazándose cara ao extremo interno. Na superficie exterior hai unha córnea, debaixo da cal hai un pseudocono que actúa enfocando máis a luz. A córnea e o pseudocono constitúen o 10% máis externo da lonxitude de todo o omatidio.
 
O 90% máis interno do omatidio contén de 6 a 9 (dependendo da especie) [[célula fotorrecetora|células fotorreceptoras]] longas e delgadas no caso dalgunhas [[boolboreta]]s<ref name=briscoe2008>{{cite journal |pages=1805–13 |doi=10.1242/jeb.013045 |title=Reconstructing the ancestral butterfly eye: Focus on the opsins |year=2008 |last1=Briscoe |first1=A. D. |journal=Journal of Experimental Biology |volume=211 |issue=11 |pmid=18490396}}</ref> a miúdo abreviadas co nome de "[[célula R|células R]]" na literatura e xeralmente numeradas, por exemplo de R1 a R9.<ref name=briscoe2008/> Estas "células R" empaquetan estreitamente o omatidio. A porción de células R no eixe central do omatidio forman colectivamente unha especie de tubo que serve de guía para a luz, un tubo trnasparentetransparente, chamado '''rabdoma'''.
 
Nos [[dípteros]], o rabdoma está separado en sete rabdómeros independentes (hai en realidade oito, pero os dous rabdómeros centrais responsables da visión en cores sitúanse un enriba do outro), de modo que en cada omatidio se forma unha pequena imaxe de 7 píxeles invertida. Simultaneamente, os rabdómeros en omatidios adxacentes están aliñados de modo que o campo de visión dentro dun omatidio é o mesmo que entre omatidios. A vantaxe desta disposición é que o mesmo eixe visual é varrido desde unha área meirande dos ollos, incrementando así a sensibilidade nun factor de sete, sen incrementar o tamaño do ollo ou reducir a súa agudeza. Conseguir isto requiriu a reconexión do ollo de maneira que os feixes de axóns queden xirados 180 graos (reinvertidos), e cada rabdómero estea unido cos dos seis omatidios adxacentes que comparten o mesmo eixe visual. Así, ao nivel da lámina (o primeiro centro de procesamento óptico do [[cerebro de insecto|cerebro do insecto]]) os sinais entran exactamente da mesma maneira que no caso dun [[ollo composto]] de aposición normal, pero a imaxe é mellorada. Esta disposición visual coñécese como ''superposición neural''.<ref>Land, Michael F. and Nilsson, Dan-Eric. ''Animal Eyes'', Second Edition. Oxford University Press, 2012. pp. 163-164. {{ISBN|978-0-19-958114-6}}.</ref>