Diferenzas entre revisións de «Omatidio»

sen resumo de edición
Os '''omatidios'''<ref>Dicionario Digalego [https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=46592&opcion=entrada&entrada=omatidio omatidio]</ref> son as unidades das que se compón o [[ollo composto]] dos [[artrópodos]], como [[insectos]], [[crustáceos]] e [[miriápodos]]<ref>{{cite journal |pages=463–76 |doi=10.1016/j.asd.2007.09.002 |title=The fine structure of the eyes of some bristly millipedes (Penicillata, Diplopoda): Additional support for the homology of mandibulate ommatidia |year=2007 |last1=Muller |first1=C |last2=Sombke |first2=A |last3=Rosenberg |first3=J |journal=Arthropod Structure & Development |volume=36 |issue=4}}</ref> Un omatidio contén un grupo de células fotorreceptoras rodeadas por células de sostén e células pigmentadas. A parte externa do omatidio está cuberta por unha [[córnea]] transparente. Cada omatidio está inervado por un feixe de [[axón]]s (que xeralmente consta de 6 a 9 axóns, dependendo do número de '''rabdómeros''')<ref>Land, Michael F. and Nilsson, Dan-Eric. ''Animal Eyes'', Second Edition. Oxford University Press, 2012. p. 162. {{ISBN|978-0-19-958114-6}}.</ref> e proporciona ao cerebro un elemento ou punto da imaxe ([[píxel]]). O cerebro forma unha imaxe conxunta a partir deses elementos de imaxe independentes. O número de omatidios no ollo depende do tipo de artrópodo e pode ser de só 5, como no [[isópodo]] antártico ''[[Glyptonotus antarcticus]]'',<ref name="Meyer-Rochow 1982">{{cite journal|last=Meyer-Rochow|first=Victor Benno| title= The divided eye of the isopod Glyptonotus antarcticus: effects of unilateral dark adaptation and temperature elevation| journal=Proceedings of the Royal Society of London| volume=B215|pages=433–450}}</ref> ou variar de só uns poucos no primitivo ''[[Zygentoma]]'' a arredor de 30&nbsp;000 en grandes [[odonatos|libélulas]] [[Anisoptera|anisópteras]] ou nalgunhas [[avelaíña]]s [[Sphingidae|esfínxidas]].<ref>{{cite book |last=Common |first=I. F. B. |title=Moths of Australia |publisher=Brill |year=1990 |page=15 |isbn=978-90-04-09227-3}}</ref>
 
Os omatidios son tipicamente [[hexágono|hexafonaishexagonais]] en sección transversal e aproximadamente dez veces máis longalongos que largalargos. O diámetro é maior na superficie, adelgazándose cara ao extremo interno. Na superficie exterior hai unha córnea, debaixo da cal hai un pseudocono que actúa enfocando máis a luz. A córnea e o pseudocono formanconstitúen o 10% máis externo dda lonxitude de todo o omatidio.
 
O 90% máis interno do omatidio contén de 6 a 9 (dependendo da especie) [[célula fotorrecetora|células fotorreceptoras]] longas e delgadas no caso dalgunhas [[boolboreta]]s<ref name=briscoe2008>{{cite journal |pages=1805–13 |doi=10.1242/jeb.013045 |title=Reconstructing the ancestral butterfly eye: Focus on the opsins |year=2008 |last1=Briscoe |first1=A. D. |journal=Journal of Experimental Biology |volume=211 |issue=11 |pmid=18490396}}</ref> a miúdo abreviadas co nome de "[[célula R|células R]]" na literatura e xeralmente numeradas, por exemplo de R1 a R9.<ref name=briscoe2008/> Estas "células R" empaquetan estreitamente o omatidio. A porción de células R no eixe central do omatidio forman colectivamente unha especie de tubo que serve de guía para a luz, un tubo trnasparente, chamado '''rabdoma'''.
 
Nos [[dípteros]], o rabdoma está separado en sete rabdómeros independentes (hai en realidade oito, pero os dous rabdómeros centrais responsavbles da visión en cores sitúanse un enriba do outro), de modo que se forma unha peuena imaxe de 7 píxeles invertida en cada omatidio. Simultaneamente, os rabdómeros en omatidios adxacentes están aliñados de modo que o campo de visión dentro dun omatidio é o mesmo que entre omatidios. A vantaxe desta disposición é que o mesmo eixe visual é varrido desde unha área meirande dos ollos, incrementando así a sensibilidade nun factor de sete, sen incrementar o tamaño do ollo ou reducir a súa agudeza. Conseguir isto requiriu a reconexión do ollo de maneira que os feixes de axón queden xirados 180 graos (reinvertidos), e cada rabdómero está unido con aqueles desde os seis omatidios adxacentes que comparten o mesmo eixe visual. Así, ao nivel da lámina (o primeiro centro de procesamento óptico do [[cerebro de insecto|cerebro do insecto]]) os sinais entran exactamente da mesma maneira que no caso dun [[ollo composto]] de aposición normal, pero a imaxe é mellorada. Esta disposición visual coñécese como ''superposición neural''.<ref>Land, Michael F. and Nilsson, Dan-Eric. ''Animal Eyes'', Second Edition. Oxford University Press, 2012. pp. 163-164. {{ISBN|978-0-19-958114-6}}.</ref>
191.038

edicións