Diferenzas entre revisións de «Omatidio»

sen resumo de edición
Como unha imaxe dun ollo composto se crea a partir de elementos de imaxe independentes producidos polos omatidios, é importante que os omatidios reaccionen só á parte da escena visual que está directamente diante deles. Para impedir que a luz que entra nun determinado ángulo sexa detectado polo omatidio no que entrou, ou por calquera dos omatidios veciños, existen seis [[célula pigmentada|células pigmentadas]]. As células pigmentadas tapizan o exterior de cada omatidio. Cada célula pigmentada está situada no ápice dos hexágonos e así tapiza o exterior dos tres omatidios. A luz que entra nun certo ángulo pasa a través da delgada sección transversal da célula fotorreceptora, e só hai unha pequena posibilidade de que sexa exicitado, e é absorbida pola célula pigmentada, antes de que poida entrar nun omatidio veciño. En moitas especies, en situacións de baixa intensidade luminosa, retírase o [[pigmento biolóxico|pigmento]], así que a luz que entra no ollo podería ser detectada por calquera dos varios omatidios. Isto mellora a detección de luz, pero diminúe a resolución.
 
O tamaño dos omatidios varía segundo especie, pero oscila entre os 5 e os 50 micrómetros. Os rabdomas que conteñen poden ter unha sección transversal pequena de só 1.x micrómetros (a categoría de "pequena" asígnase nalgúns estudos cando a sección transversal é de menos de 2 micrómetros).<ref>{{cite journal |pages=147–77 |doi=10.1146/annurev.ento.42.1.147 |title=Visual Acuity in Insects |year=1997 |last1=Land |first1=Michael F. |journal=Annual Review of Entomology |volume=42 |pmid=15012311}}</ref> Unha [[matriz de microlentes[[microlente]]s pode considerarse como unha analoxía elemental [[biomimético|biomimética]] dun omatidio.
 
== Notas ==
190.131

edicións