Omatidio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
traducido de en:Ommatidium
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 23 de xuño de 2018 ás 21:36

Os 'omatidios son as unidades das que se compón o ollo composto dos artrópodos, como insectos, crustáceos e miriápodos[1] Un omatidio contén un grupo de células fotorreceptoras rodeadas por células de sostén e células pigmentadas. A parte externa do omatidio está cuberta por unha córnea transparente. Cada omatidio está inervado por un feixe de axóns (que xeralmente consta de 6 a 9 axóns, dependendo do número de rabdómeros)[2] e proporciona ao cerebro un elemento ou punto da imaxe (píxel). O cerebro forma unha imaxe conxunta a partir deses elementos de imaxe independentes. O número de omatidios no ollo depende do tipo de artrópodo e pode ser de só 5, como no isópodo antártico Glyptonotus antarcticus,[3] ou variar de só uns poucos no primitivo Zygentoma a arredor de 30 000 en grandes libélulas anisópteros como nalgunhas avelaíñas esfínxidas.[4]

Omatidio: A – córnea, B – c9ono cristalino, C & D – células pigmentadas, E – rabdoma, F – céllas fotorrecetoras, G – membrana fenestrada, H – nervio óptico.
Omatidio dun krill.

Notas

  1. Muller, C; Sombke, A; Rosenberg, J (2007). "The fine structure of the eyes of some bristly millipedes (Penicillata, Diplopoda): Additional support for the homology of mandibulate ommatidia". Arthropod Structure & Development 36 (4): 463–76. doi:10.1016/j.asd.2007.09.002. 
  2. Land, Michael F. and Nilsson, Dan-Eric. Animal Eyes, Second Edition. Oxford University Press, 2012. p. 162. ISBN 978-0-19-958114-6.
  3. Meyer-Rochow, Victor Benno. "The divided eye of the isopod Glyptonotus antarcticus: effects of unilateral dark adaptation and temperature elevation". Proceedings of the Royal Society of London B215: 433–450. 
  4. Common, I. F. B. (1990). Moths of Australia. Brill. p. 15. ISBN 978-90-04-09227-3. 

Vexase tamén

Outros artigos