Tomografía por emisión de positróns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
XoseBot (conversa | contribucións)
m vocabulario
Liña 1:
'''PET''' (do inglés ''Positron Emission Tomography'', '''[[Tomografía]] de Emisión de [[Positrón]]s''') é é unha técnica de [[imaxe médica]] da [[Medicina Nuclear]] que nace na década dos 1970 pero non chega a clínica até os anos 90. O primeiro PET que chegou a Galiza foi o do [[Hospital Modelo]] de [[A Coruña]]; posteriormente o primeiro público foi parar o [[Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela]].
 
A técnica PET baséase na inxeción dun [[trazador radiactivo]] por [[vía intravenosa]] uns 30 minutos antes de obter a imaxe. Unha vez pasados estes minutos, o paciente colócase no [[escáner]] PET e fica sen moverse durante alomenospolo menos 20 minutos. O fundamento físico ven da emisión de positróns (similares ós [[electrón]]s pero con [[carga eléctrica|carga]] positiva) por parte dos [[isótopo radiactivo|isótopos radiactivos]] inxectados, unha emisión que se produce en diferentes puntos dependendo do fenómeno fisiolóxico que se pretende estudar. Os positróns emitidos atopan no seu camiño electróns e producen unha aniquilación ([[partícula]]-[[antipartícula]]) que orixina dous [[fotón]]s de 511[[keV]] que se dirixen ós detectores do escáner coa información necesaria para coñecer os puntos onde a substancia radiactiva foi depositada. Técnicas matemáticas complexas (métodos de reconstrución) permiten chegar a unha [[imaxe tridimensional]] na que se presenta a distribución do trazador ([[glicosa]] co isótopo [[F-18]] é o máis usado, por exemplo en [[oncoloxía]]).
 
[[Category:Medicina]]