Branquia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Tuna Gills in Situ 01.jpg|miniatura|Branquias dun [[atún]].]]
As '''branquias''' <ref>Outros nomes que se poden empegrar en galego para as branquias son '''galadas''', '''galas''', '''galaxas''' e '''guerlas'''.</ref> son os órganos respiratorios de numerosos [[animal|animais]] acuáticos, mediante os cales extraen o [[oxíxeno molecular|osíxeno]] (O<sub>2</sub>) disolvido na [[auga]] e transfiren a esta o [[dióxido de carbono]] (CO<sub>2</sub>).
 
Os animais acuáticos dotados de branquias captan o O<sub>2</sub> que se encontra disolvido na auga, o cal pasa aos fluídos internos ([[sangue]], [[linfa]] etc.) e é transportado aos [[tecido (bioloxía)|tecidos]], onde as [[célula]]s requíreno para a [[respiración celular]], proceso que se realiza en [[orgánulo]]s celulares denominados [[mitocondria]]s. Como resultado da respiración celular prodúcese CO<sub>2</sub>, o cal debe ser eliminado para evitar a [[intoxicación]] do medio interno.