Écdise: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Despois de mudar, un [[artrópodo]] denomínase ''teneral'' e ten un corpo mol e pálido. No espazo de unha ou dúas horas, a cutícula endurece e escurece seguindo un proceso similar a un [[curtido]] análogo ao da produción de [[coiro]].<ref name="mcgraw-hill">{{cite book |author=Russell Jurenka |chapter=Insect physiology |title=[[McGraw-Hill Encyclopedia of Science & Technology]] |volume=9 |page=323 |year=2007 |isbn=978-0-07-144143-8 |edition=10th |editor=Sybil P. Parker}}</ref> Durante esta curta fase o animal expándese, xa que doutro modo o crecemento estaría restrinxido pola rixidez do exoesqueleto. O crecemento dos membros e outras partes normalmente cubertas polo exoesqueleto conséguese ao transferir fluídos corporais desde as partes brandas antes de que endureza a nova pel. Unha araña que teña un abdome pequeno pode ser que estea desnutrida ou máis probablemente acaba de experimentar a écdise. Algúns artrópodos, especialmente os insectos grandes con respiración [[traquea (artrópodos)|traqueal]], expánden o seu novo [[exoesqueleto]] inchándose ou tomando aire. A maduración da estrutura e [[coloración animal|coloración]] do novo exoesqueleto podería tardar días ou semanas en insectos de vida longa; isto pode dificultar a identificación dun individuo se o animal sufriu a écdise recentemente.
 
A écdise permite que os tecidos danados e as patas perdidas sexan [[rexeneración (bioloxía)|rexeneradas]] ou voltas a formar. A rexeneración completa pode requirir unha serie de [[muda (bioloxía)|mudas]], e o toco do membro faise un pouco máis grande cocon cada muda ata que ten un tamaño normal ou case normal.<ref>{{cite journal |author=Penny M. Hopkins |year=2001 |title=Limb regeneration in the fiddler crab, ''Uca pugilator'': hormonal and growth factor control |journal=[[American Zoologist]] |volume=41 |issue=3 |pages=389–398 |doi=10.1093/icb/41.3.389}}</ref>
 
== Proceso ==