Exoesqueleto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 14:
[[Ficheiro:Callinectes_sapidus.jpg|miniatura|esquerda|240px|Momentos da muda do cangrexo ''Callinectes sapidus'' (W.P.Hai, 1904).]]
 
O crecemento dos artrópodos require que se desprendan periodicamente do seu esqueleto externo, fenómeno ao que nos referimos como '''muda''' ou '''[[écdise''']].<ref>Do grego ἐκδύω ''ekdýō''. "espir", "despoxar".</ref> Cando chega o momento o animal pasa a un estado de quiescencia (repouso), durante o cal afrouxa a consistencia das partes internas da [[Cutícula (artrópodos)|cutícula]], á vez que a [[epiderme]], que está debaixo, prepárase para a síntese e [[secreción]] dos compoñentes da nova cutícula. Por un aumento da presión interna, ou ás veces por outro mecanismo, desgárrase a vella cutícula e o animal realiza os esforzos necesarios para se desprender dela á vez que segrega a nova. Cando sae áchase nun estado de debilidade e a súa consistencia é branda. Nun prazo máis ou menos breve a nova cuberta endurece.
 
A écdise afecta, naturalmente, aos recubrimentos das cavidades internas, de orixe [[ectoderma|ectodérmica]] (os dous extremos do tracto dixestivo e, en artrópodos aéreos, as traqueas ou pulmóns).