Leonor de Guzmán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Nobres mediante HotCat
Servando2 (conversa | contribucións)
paira > para
Liña 45:
Na crónica do rei, descríbea así:
{{Cita|Era, dueña muy rica y muy fija dalgo y era en fermosura la mas apuesta muger que avia en el Reyno.|Afonso XI}}
O rei, con todo, contraeu matrimonio en 1328 coa súa prima María de Portugal. A ausencia inicial de fillos até ao redor de 1333 no matrimonio real resultou prexudicial pairapara a raíña, que foi relegada e excluída de ocupar un papel máis activo. Nestas circunstancias Afonso coñeceu a Leonor e estableceu con ela unha relación amorosa extramatrimonial que duraría até a morte do monarca. Cos anos foi converténdose na súa principal conselleira, polo que foi unha das mulleres máis poderosas de Europa, chegando a desatar as iras do sogro de Afonso, [[Afonso IV de Portugal|o rei de Portugal]], o que chegou a provocar serias friccións entre ambos os reinos. Finalmente foron superadas e Afonso IV axudou ao seu xenro contra os [[Dinastía merínida|benimerines]].
 
Ao longo dos anos da relación que mantivo co rei, Leonor foi reunindo un gran patrimonio, en boa medida grazas ás doazóns do monarca que adoitaba recompensala polo nacemento de cada un dos seus fillos con distintos señoríos, converténdose desta maneira nunha importante señora feudal, que permitiría que os seus fillos desempeñasen un papel importante nos conflitos da coroa.