Anastasio Somoza Debayle: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Polo foto
Lles (conversa | contribucións)
Liña 24:
 
== Traxectoria ==
Anastasio Somoza Debayle foi o terceiro fillo de [[Anastasio Somoza García]] (chamado "Tacho"), que se converteu en Presidente de Nicaragua en 1936, e de [[Salvadora Debayle de Somoza]]. Sendo o máis xove dos Somoza foi educado en [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]] e [[Long Island]] antes de graduarse na Academia Militar de [[West Point]] en [[1946]]. Ao ano seguinte, foi nomeado polo seu pai xefe da Garda Nacional, que era o ente represivo e de sostén do réxime somocista. En decembro de 1950 casa por conveniencia coa súa prima [[Hope Portocarrero Debayle]], con quen tivo cinco fillos: '''Anastasio''', Carolina, Roberto, Carla e XulioJulio.
 
Tras o asasinato do seu pai en 1956, o maior dos Somoza, [[Luis Somoza Debayle]], accedeu á presidencia. En 1967, pouco despois da morte do seu irmán, Anastasio Somoza foi elixido presidente por primeira vez. Tivo que deixar o cargo en 1972 a causa dunha lei que impedía a reelección inmediata.
 
O 23 de decembro daquel mesmo ano, un terremoto devastou a capital da nación, [[Managua]], deixando máis de dez mil mortos e practicamente destruíndo o centro da cidade,. Declarouse a lei marcial, convertendo a Somoza, en tanto que xefe da Garda Nacional, no dirixente ''de facto'' do país. Posteriormente descubriuse que a familia Somoza lucrárase coa maior parte da axuda internacional ofrecida tras o terremoto.
 
A pesar de todo, Somoza foi elixido presidente nas eleccións de 1974, o seu interese en seguir manténdose no poder e a represión á poboación provocou a perdidaperda do apoio dos sectores antes aliados, como a [[oligarquía]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e a [[Igrexa católica]]. A finais dos setenta, grupos defensores dos dereitos humanos denunciaban as violacións dos mesmosdestes, cometidas polo seu goberno. De setembro do 1978 ata o 17 de xullo de 1979, el e o seu fillo [[Anastasio Somoza Portocarrero]] provocaron unha guerra civil, ordenando o asasinato de civís e o bombardeo con artillería e avións asdas cidades principais de Nicaragua que caeran en mans do levantamento popular dirixido polas forzas [[sandinista]]s. Baixo o liderado de pai e fillo, a Garda Nacional asasinou a 50.000 cidadáns nicaraguanos.
 
=== Fin do réxime de Somoza ===