Carro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+son
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 12:
Os carros foron mencionados na literatura xa no segundo milenio antes de Cristo. O libro sacro Rigveda India afirma que os homes e as mulleres son tan iguais como dúas rodas dunha carreta. Pequenas carretas de man foron utilizadas en moitas ocasións ó longo da historia. No século XIX, por exemplo, durante a migración [[a Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días|mormona]] cara ó actual territorio de [[Utah]] nos [[Estados Unidos]], entre 1856 e 1860, utilizáronse estas carretas. Os chamados ''[[rickshaw]]'' aínda poden verse na actualidade en cidades do sueste asiático como transporte para distancias curtas.
 
[[Ficheiro:The Triumphs of Caesar, IX - Julius Caesar on his triumphal chariot; Andrea Mantegna (1484-92).JPG|miniatura|esquerda|220px|XulloXulio César no seu carro de triunfo, Andrea Mantegna, 1484-1492.]]
Na [[Imperio Romano|Antiga Roma]] os líderes derrotados eran a miúdo transportados en carretas durante a exhibición triunfal do xeneral vitorioso. Os ''carros para as carreiras'' tiñan forma de cuncha posta sobre dúas rodas, máis alta por diante que por detrás, cunha [[lanza]] moi curta, os cales eran tirados por catro cabalos de fronte. Os ''[[carro triunfal|carros de triunfo]]'' tiñan unha forma redondeada; o vencedor ía nel en pé e dirixía en por si os cabalos.