Risorgimento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 26:
{{Artigo principal|Literatura de Italia}}
 
A interpretación nacionalista da literatura italiana identifica a dominación española de Italia, cun período de decadencia na súa literatura debido, entre outras cousas, á acción da [[Inquisición]] (o tribunal relixioso tradicional, non a [[Inquisición española|institución española]], que operaba con distintos criterios). Algúns autores (como Campanella ou [[Giordano Bruno]]) sufriron persecución por motivos relixiosos, como tamén acontecera na [[Idade Media]] (e na Florencia de [[Girolamo Savonarola|Savonarola]]). A identificación do ocupante coa opresión formaba parte da amplamente difundida propaganda antiespañola coñecida como [[Lenda Negranegra]], entre cuxos produtos artísticos poden contarse ''[[Os Noivos]]'' de [[Manzoni]] (ambientado no [[Milán]] do XVII) ou ''[[Don Carlo]]'' de [[Verdi]] (el mesmo un símbolo vivente do Risorgimento, pois, ademais do seu compromiso persoal e artístico coa causa italiana, o seu nome gritábase como acrónimo de ''Vittorio Emanuele Re d´Italia'' (Vitor Manuel, Rei de Italia).
 
Durante a primeira metade do [[século XVIII]] (que mal pode identificarse cunha retirada española de Italia, pois a presenza continuou a través dos Borbóns de Nápoles), produciuse unha revitalización da literatura coñecida como ''Resorgimento letterario'', entre outras cousas, grazas ao carácter ilustrado dos seus novos gobernantes austríacos.