Abrir o menú principal

Cambios

m
sen resumo de edición
 
== Historia ==
A expresión ''femicidio'' – ou ''femicide'' como foi formulada orixinalmente en inglés – é atribuída a Diana Russell, que a utilizaría por primeira vez en 1976, durante unha declaración perante o Tribunal Internacional de Crimes contra Mulleres, en Bruxelas. Posteriormente, Diana Russel e Jill Radford escribiron o libro ''Femicide: the politics of woman killing'' que se tornou unha das principais referencias para os estudosos do tema.<ref name="femicidio">{{cita web|url=http://www.dianarussell.com/f/femicde(small).pdf|título=Femicide: The Politics of Woman Killing|dataacceso=29 de agosto de 2013|autor=RADFORD, Jill, and RUSSELL, Diana E. H. (Eds.)|locallocalización=New York|editoraeditor=Twayne Publishers|ano=1992|páxinas=379}}</ref>
 
A categoría “femicidio” ou “feminicidio” gañou espazo no debate latinoamericano a partir das denuncias de asasinatos de mulleres en [[Ciudad Juárez]] – [[México]], onde, desde o inicio dos anos 1990, prácticas de violencia sexual, tortura, desaparicións e asasinatos de mulleres teñen se repetido nun contexto de omisión do Estado e consecuente impunidade para os criminais, conforme a denuncia de activistas políticas.<ref name="Pasinato">{{cita web|url=http://www.scielo.br/pdf/cpa/n37/a08n37.pdf|título=“Femicídios” e as mortes de mulheres no Brasil|dataacceso=29 de agosto de 2013|autor=PASINATO, Wânia|xornal=Cadernos Pagu|ano=2011|páxinas=219-246}}</ref>
8.494

edicións