Memoria inmunolóxica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 13:
{{Artigo principal|Célula T de memoria}}
 
As células T de memoria poden ser de tipo [[linfocito T CD4+|CD4+]] ou [[linfocito T CD8+|CD8+]]. Estas células T de memoria non requiren ulteriores estimulacions do antíxeno para proliferar e, por tanto, non necesitan un sinal a través do [[MHC]].<ref>Kassiotis, George, et al. "Impairment of immunological memory in the absence of MHC despite survival of memory T cells." Nature immunology 3.3 (2002): 244.</ref> As células T de memoria poden dividirse en dous grupos funcionais baseándose na [[expresión xénica|expresión]] do [[receptor de quimiocina C-C tipo 7|receptor de quimiocina CCR7]]. Esta [[quimiocina]] indica a dirección da migración a órganos linfáticos secundarios. Estas células T de memoria que non expresan o CCR7 (que son CCR7-) teñen receptores para migraren ao sitio da [[inflamación]] no tecido e representan unha poboación de células efectoras inmediatas. Estas células denomináronse células T efectoras de memoria (T<sub>EM</sub>). Despois da estimulación repetida producen grandes cantidades de [[Interferón gamma|IFN-γ]], [[Interleucina 4|IL-4]] e [[Interleucina 5|IL-5]]. En contraste, as células T de memoria CCR7+ carecen de funcións proinflamatorias e [[citotoxicidade|citotóxicas]], pero teñen receptores para a migración aos [[ganglio linfático|ganglios linfáticos]]. Estas células denomináronse células T de memoria centrais (T<sub>CM</sub>). Estas estimulan de forma efectiva as [[célula dendrítica|células dendríticas]]. Con estimulación repetida poden diferenciarse en células T de memoria efectoras CCR7-. Ambas as poboacións destas células de memoria orixínanse a partir de células T virxes e permanecen no corpo durante varios anos despois da [[inmunización]] inicial.<ref>Sallusto, Federica, et al. "Two subsets of memory T lymphocytes with distinct homing potentials and effector functions." Nature 401.6754 (1999): 708.</ref>
 
== Notas ==