Memoria inmunolóxica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 4:
== Desenvolvemento da memoria inmunolóxica ==
 
A memoria inmunolóxica ocorre despois dunha resposta inmune primaria contra o antíxeno. A memoria inmunolóxica é así creada por cada individuo, despois dunha exposición previa inicial, a un axente potencialmente perigoso. O curso dunha resposta inmunitaria secundaria é similar á resposta inmunitaria primaria, pero máis intensa e rápida. Despois de que as céllas B de memoria recoñecen o antíxeno presentan o [[péptido]], unido ao complexo [[MHC de calseclase II|MHC II]], a células T efectoras próximas. Iso leva á activación destas células e á súa proliferación rápida. Unha vez que a resposta inmunitaria inmune desapareceu, as [[célula efectora|células efectoras]] da resposta inmune son eliminadas.<ref>Sprent, Jonathan, and Susan R. Webb. "Intrathymic and extrathymic clonal deletion of T cells." Current opinion in immunology 7.2 (1995): 196-205.</ref> Porén, permanecen durante certo tempo os [[anticorpo]]s previamente creados no corpo que representan o compoñente [[inmunidade humoral|humoral]] da memoria inmunolóxica e constitúe un importante mec anismo de defensa en infeccións subsecuentes. Ademais dos anticorpos formados permanecen tamén no corpo un pequeno número de células e B de memoria que constitúen o [[inmunidade celular|compoñente celular]] da memoria inmunolóxica. Permanec en no corpo nun estado de repouso e no segundo ou seguinte encontro c o mesmo antíxeno estas células poden responder inmediatamente e eliminar o antíxeno. As células de memoria teñen unha longa vida e duran ata varias décadas no corpo.<ref>Crotty, Shane, et al. "Cutting edge: long-term B cell memory in humans after smallpox vaccination." The Journal of Immunology 171.10 (2003): 4969-4973.</ref><ref name="auto"/>
 
== Células B de memoria ==