Río Forth: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Forth (homónimos)}}
O '''río Forth''' (en [[Lingua gaélica escocesa|gaélico escocés]]: ''Uisge For'' ou tamén ''Abhainn Dhubh'', que significa ''augas negras''), é un curto río costeiro da vertente do [[mar do Norte]] do [[Reino Unido]] que discorre integramente por [[Escocia]]. Nace no [[Loch Ard|lago Ard]] no val de [[Trossachs]], a uns 30 km ó oeste da cidade de [[Stirling]]. Corre en dirección leste cruzando a localidade de [[Aberfoyle]]. Pouco despois recibe as augas dos ríos Duchray e Kelty e entra na zona pantanosa coñecida como Flanders Moss, onde recibe os ríos Teith e Allan antes de atravesar a cidade de Stirling. Nesa cidade o río ensancha e empeza a estar afectado as mareas do próximo mar. Cruza as localidades de Cambus, onde recibe ao río Devon, [[Alloa]], Fallin e Airth. Ó chegar á localidade de Kinkardine, o río ensancha e ábrese o [[estuario de Forth]].