Diferenzas entre revisións de «Troita»

Corrección dun erro.
(sobrepasar - superar https://wikidog.xunta.gal/index.php/Glosario_de_expresi%C3%B3ns_e_termos)
(Corrección dun erro.)
Os maxilares superan o nivel da marxe posterior do ollo. As [[aleta|aletas pectorais]] e [[aleta|caudal]] son moi robustas, e as [[aleta|aletas pelvianas]] e [[aleta|anal]] pequenas, esta última oposta á [[aleta|adiposa]], que está moi atrasada.<ref name=RV1>Rodríguez Villanueva ''et al.'' (1995), p. 368.</ref>
 
A lonxitude varía xeralmente nos cursos de auga nos que habita. Nos regatos e pequenos ríos de montaña non supera case os 30&nbsp;cm e os 300 g de peso; nos ríos máis grandes dos vales, e nos lagos, onde a riqueza da ictiofauna é maior, algúns exemplares poden alcanzar pesos considerábeis, de entre os 5 e os 7&nbsp;kg. Porén, en [[Galicia]] non adoitan acadar máis de 40&nbsp;cm de lonxitude e 1&nbsp;kg de peso.<ref name=RV2>Rodríguez Villanueva ''et al.'' (1995), p. 369.</ref>
 
A [[cor|coloración]] é extremadamente variábel, para mimetizárense co contorno. Normalmente o dorso e os flancos son apardazados con manchas negras ou vermellas, aureoladas ou non de claro.<ref name=RV1/>
Usuario anónimo