Filosofía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño
Liña 31:
 
== Historia ==
{{Artigo principal|Historia da filosofía}}
A principal característica que [[Aristóteles]] ve nunha persoa filósofa é que non é especialista. O ''sophós'' (o sabio), é un coñecedor de todas as cousas sen posuír unha [[ciencia]] específica. O seu ollar derrámase polo mundo, a súa curiosidade insaciable faino investigar tanto os misterios do ''kosmos'' como os da ''physis'' (a [[natureza]]), como as que din respecto ao [[home]] e á [[sociedade]]. No fondo, o filósofo é un revelador, alguén que afasta o veo daquilo que está a cubrirnos os ollos e procura mostrar os obxectos na súa forma e posición orixinal, actuando como alguén que atopa unha estatua no fondo do mar cuberta de brións e algas, e progresivamente, afastándoas unha a unha, revélanos a súa forma real.