Diferenzas entre revisións de «Amy Winehouse»

(Eliminouse a referencia ó ficheiro "Indeterminate_Grammy_aware.jpg" que foi borrado en Commons por Storkk. Motivo: per c:Commons:Deletion requests/Files in Category:Grammy Awards)
 
O seu segundo álbum, ''Back to Black'', recibiu numerosos recoñecementos e distincións. Amy Winehouse conseguiu o premio Brit a Mellor Vocalista Feminina Británica en febreiro do ano 2007, sendo tamén ''Back to Black'' aspirante ó Mellor Álbum Británico<ref name="britannia" />, deseguido gañou o premio Ivor Novello a Mellor Canción Contemporánea por ''Rehab'' na cerimonia celebrada o 23 de maio de 2007<ref name="marfil" />. Foi de novo candidata nos Mercury Prize por ''Back to Black'', o seu álbum alcanzou o disco platino nos Estados Unidos e conseguiu tres mencións nos MTV Video Music Awards do ano 2007. O 13 de xaneiro do ano 2008 ''Back to Black'' situouse en Europa no número un da ''Billboard'' por terceira semana consecutiva. O 20 de febreiro do 2008 Winehouse actuou na cerimonia dos premios Brit interpretando ''Valerie'' xunto a Mark Ronson, canción candidata nesta edición a Mellor Sinxelo<ref>{{cita web |url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/entertainment/7187992.stm |título=Brit Awards 2008: The winners |data=20-2-2008 |páxina-web=BBC News Online |dataacceso=14-11-2015 }}</ref>, e despois ''Love Is a Losing Game''.
 
 
Na cerimonia dos premios Grammy, celebrados o 14 de febreiro do ano 2008, foi candidata a 6 galardóns mais foille denegado o visado ós Estados Unidos, non obstante interveu na gala vía satélite dende Londres. Gañou esa noite cinco premios Grammy nas categorías de Mellor Artista Revelación, Mellor Interpretación Vocal Pop Feminina por ''Rehab'', Mellor Álbum Pop Vocal, Gravación do Ano e Canción do Ano, tamén por Rehab. Foi a primeira cantante británica en acadar cinco premios Grammy, igualando a [[Beyoncé Knowles|Beyoncé]] en triunfos nunha única noite para unha artista feminina (Beyoncé superou esta marca no 2010 ó conseguir seis premios Grammy nunha única noite; Adele acadou igualmente seis Grammy no ano 2012). ''Back to Black'' foi candidato a Álbum do Ano e Mark Ronson conseguiu o Grammy a Produtor do Ano na categoría non clásica polo seu traballo con Amy Winehouse. A cantante interpretou esa noite vía satélite ''You Know I'm No Good'' e ''Rehab''<ref name="Grammy" />.
Usuario anónimo