Francisco Ayala: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 9:
Foi letrado das Cortes desde a proclamación da [[Segunda República española|República]]. No comezo da [[Guerra civil española|guerra civil]] atopábase dando conferencias en Sudamérica, e durante a mesma exerciu como funcionario do [[Ministerio de Estado de España|Ministerio de Estado]].
 
Ó caer a República exíliouseexiliouse en [[Buenos Aires]], onde pasou dez anos traballando e colaborando na revista ''Sur'' e no diario ''La Nación''. Nese tempo foi cofundador da revista ''Realidad''.
 
Posteriormente, aínda na década dos cincuenta, Ayala trasladouse a [[Puerto Rico]], país no que impartiu cursos na [[Facultade de Dereito]] da [[Universidade de Puerto Rico]], invitado polo Decano de dita institución, o renomeado xurista, [[Manuel Rodríguez Ramos]]. Desde o arquipélago de [[Puerto Rico]] viaxou a [[Estados Unidos de América]], onde impartiu clases de [[Literatura española]] nas universidades de [[Universidade de Princeton|Princeton]], [[Rutgers]], [[Universidade de Nova York]] ([[NYU]]) e [[Chicago]], aínda que tamén mantivo estreitos nós intelectuais e culturais con [[Puerto Rico]], onde igualmente viviron longos exilios os nomeados [[Pau Casals]] e [[Juan Ramón Jiménez]], entre outros.
 
En [[1960]] regresou por primeira vez a [[España]] e, pouco a pouco, reintegrouse na vida literaria española. En [[1976]] instalouse definitivamente en [[Madrid]], continuando o seu labor de escritor, conferenciante e colaborador de prensa. En [[1983]], ós 77 anos, foi elixido membro da [[Real Academia Española]] e leu o seu discurso de ingreso un ano despois. Ata moi avanzada idade seguiu escribindo con plena lucidez. En [[1988]] obtivo o [[Premio Nacional das Letras Españolas]]; en [[1990]] foi nomeado [[Fillo Predilecto de Andalucía]]; en [[1991]] foi galardoado co [[Premio Miguel de Cervantes]] e en [[1998]] co [[Premio Príncipe de Asturias das Letras]].
Liña 27:
Escribiu unhas interesantes memorias: "Recuerdos y olvidos" ([[1982]], [[1983]], [[1988]] e [[2006]]).
 
O [[16 de marzo]] de [[2006]] cumpliucumpriu os 100 anos de idade. Foi membro da [[Academia de Buenas Letras de Granada]].
 
== Títulos ==