Fantasía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 11:
O fantástico é un xénero popular, despois de atopar un lugar para si mesmo en case todas os medios. Aínda que a arte fantástico e recentemente as películas fantásticas foron cada vez máis populares, é a literatura fantástica quen foi sempre o medio primordial do xénero. Así mesmo, os xogos e videoxogos de rol fantástico foron as bases do xénero [[RPG]].
=== Literatura fantástica galega ===
Na literatura galega o elemento fantástico aparecen xa en autores do [[Rexurdimento]] que toman elementos e temática da tradición oral (aparecidos, o [[mal de ollo]], os feitizos e maldicións, etc) no [[Literatura galega do período intersecular|período intersecular]] aparecen xa os relatos fantásticos na obra de [[Heraclio Pérez Placer]] ou [[Francisco Álvarez de Nóvoa]]. En 1898 Luis[[Luís Otero PimentalPimentel]] publica a primeira novela fantástica en galageogalego, " A campaña da caprecórneca" con elementos marabillosos e mesmo de [[ficción científica]].
 
No principio do século XX a literatura popular de tradición oral segue fornecendo material tanto a etnógrafos como a literatos que reelaboran as lendas orais de forma culta, como os de [[Vicente Risco]] e [[Ramón Otero Pedrayo]], chegando incluso ata a [[literatura española]] a través de valle[[Valle-Inclán]] e [[Wenceslao Fernández Flórez]]. Os integrantes da [[Xeración Nós]] cultivaron as narracións macabras de carácter cómico (''[[Un ollo de vidro]]'', ''Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros'', ''O purgatorio de Don Ramiro''). Na obra de [[Rafael Dieste]] tamén aparecen elementos fantásticos ao mesmo tempo que os da xeración Nós, este subxénero seguiría a súa existencia en plena posguerra a través da obra de [[Álvaro Cunqueiro]] e [[Ánxel Fole]], incluso en obras do escritor realista [[Eduardo Blanco Amor]], ''[[Os biosbardos]]''.
 
Nos escritores da [[Nova Narrativa Galega]] a fantasía aparecen de forma abundante en libros de [[Xosé Luís Méndez Ferrín]], [[Gonzalo Rodríguez Mourullo]], [[Xoán Casal]] e [[Carlos Casares]] aínda que tamén aparece en pequenos reflexos na obra de outros moitos autores galegos.<ref>"Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega". [[Antón Risco]], ed galaxia, 1995.</ref>.
 
== Subxéneros ==