Diferenzas entre revisións de «Golpe de Estado de Kornilov»

m
 
== Desenvolvemento ==
[[Ficheiro:GuardiasRojosJuntoAlPalacioDeInvierno--throughrussianre00willuoftFirst Red Guards in Petrograd, fall 1917 palace square.jpg|[[Gardas Vermellos]] ante o [[Palacio de Inverno]]. Estas milicias creceron extraordinariamente durante o golpe de estado, armadas polo propio Goberno para opoñerse ás unidades enviadas por Kornilov contra a capital. Conservaron as súas armas tralo fracaso do golpe e tomaron parte na [[Revolución de Outubro]] a favor dos [[bolxevique]]s.|miniatura]]
O {{xulgregdata|9|9|1917|corto=true}} o presidente do Goberno provisional, [[Aleksandr Kerenskii]], solicitaba o apoio popular contra un suposto [[golpe de Estado|golpe de estado]] do comandante en xefe do Exército ruso, o xeneral [[Lavr Kornilov]].<ref name="asher286">[[#Bibliografía|Asher (1970)]], p. 286</ref> O Goberno declarou estar defendéndose a si mesmo e á [[Revolución de Febreiro|revolución]] da reacción.<ref name="asher286"/> Kerenskii nomeouse a si mesmo comandante en xefe do Exército co xeneral [[Mikhail Alexeiev|Alexeiev]],<ref name="rabinowitch150">[[#Bibliografía|Rabinowitch (1978)]], p. 150</ref> que o desprezaba,<ref name="katkov102"/> como xefe do Estado Maior.<ref name="figes451"/><ref name="abraham282"/> Antes, varios ministros mostráranse favorables a substituír a Kerenskii por Alexeiev ou por un directorio que o incluíse, ao que Kerenskii se opuxera.<ref name="katkov101"/> Porén, debido á insistencia dos ministros, Kerenskii acudira a Alexeiev, non para incluílo como ministro ou entregarlle a presidencia do Goberno, senón para ofrecerlle o mando do Exército.<ref name="katkov102">[[#Bibliografía|Katkov (1980)]], p. 102</ref> Alexeiev unicamente aceptara o posto de xefe do Estado Maior.<ref name="katkov101"/>
 
90

edicións